Skip to Content

Primeiro trimestre

I CONCURSO DE RELATOS DE TERROR

 

Parabéns a todos e a todas os que participastes no concurso promovido pola biblioteca e o EDLG, especialmente a Ainara Villanueva, Carmen Oubiña e Valeria Outeda que conseguiron o 1º, 2º e 3º premio respectivamente. As tres aceptaron compartir con nós os seus relatos e léronnolos en todas as aulas durante a "Hora de ler" desta semana. Grazas rapazas.

Podes ver aquí as imaxes.                                                                                                                                             

     

I CONCURSO DE RELATOS DE TERROR

 

 ATRÉVETE, NON TEÑAS MEDO!!!  

    



VISITA Ó XACEMENTO ARQUEOLÓXICO DE CÁLAGO

  O alumnado de 3º ESO acudimos en dúas quendas, o día 11 e o 16 de outubro, a Cálago para participar nunha visita guiada antes de que se pechase a segunda fase da escavación no xacemento arqueolóxico. Os responsables da escavación explicáronnos como conseguiron localizar os restos e insistíronnos na importancia da información que estes nos dan sobre os nosos antepasados: costumes, alimentación, xoias, diferenzas entre as vivendas da época castrexa e da época romana, relacións comerciais con outros pobos,…

  Como podedes ver nas imaxes, a visita espertou o noso interese e algúns mesmo quixeron "botar unha man". Os arqueólogos e o alcalde animáronnos a coidar o noso patrimonio e a non infravalorar a importancia deste lugar no que naceu a nosa vila e que, quen sabe aínda o que nos pode ofrecer en próximas escavacións.                                                                                                                                                                      

 

 

RUTA DO CARREIRÓN. TEI

O venres 28 de setembro os/as  alumnos/as de 1º e 3º de ESO fixeron a ruta do Carreirón ( na Illa de Arousa). Esta actividade se encadra dentro do programa de Titoría entre iguais. A pesar de que na primeira parte do percorrido tivemos algo de néboa puidemos disfrutar dun día soleado e con boa temperatura.  Na parte final tivemos un pequeno despiste posto que nun dos cruces despistámonos e tivemos que retroceder. Os/as alumnos/as tiñan que cubrir por parellas compostas do titor-titorizado unha ficha con preguntas que se podían resolver durante a camiñata. 

Os profesores acompañantes foron: Adolfo Barcía, Marta Cobas,Begoña Ferreiro e Mónica Vélez.

 

 

I Concerto de Nadal do IES Faro das Lúas

Este ano  tivemos un fetival de nadal moi especial e  David Regueiro, profesor de música do noso centro organizou un concerto protagonizado polo alumnado do Faro das Lúas, que o fixeron xenial. Antes do concerto se leron os relatos gañadores do I concurso de relatos contra a Violencia de Xénero do IEs Faro das Lúas.

O podedes comprobar vendo o seguinte video:

  

Día da discapacidade

O Departamento de Orientación traballou o día tres de decembro a discapacidade. A idea era cambiar o concepto e en lugar de  DISCAPACIDADE entender que todos temos capacidades máis ou menos desenvoltas poñendo así o noso interés en DI-CAPACIDADE. E, do mesmo xeito, todos atopamos aspectos nos que temos limitacións.
Con este obxecto formulouse un traballo dentro das titorías de cada grupo no que visionaron varios vídeos: "El cazo de Lorenzo", "Lo incorrecto. Una nueva mirada hacia la discapacidad" e unha canción do Langui. Despois cada grupo tiña que facer un mural co título anterior propoñendo aquelas cousas para as que todos temos capacidades (di capacidade de sentir, di capacidade de soñar, di capacidade de imaxinar, di capacidade de chorar...). Este mural complementouse con outro feito polo Departamento de Orientación ó que contribuiu o de Educación Física con láminas, fotos e frases relacionadas con todo o formulado.

Distribuir contido


by Dr. Radut