Skip to Content

 ENTREGA DE ORDENADORES EDIXGAL

Só terá  que  entregar ordenadores o alumnado que se detalla a continuación:

-alumnado  de 4º da ESO deberá devolver o ordenador Edixgal, na secretaria do centro entre o  día 21 de xuño ao 23 de xuño.

-resto do alumnado de 1º, 2º e 3º que non continue no centro no curso 23-24 deberá entregar o ordenador Edixgal o día 26 de xuño.

 ENTREGA DE BOLETÍNS DE NOTAS

 O día de entrega de notas é o luns día 26 de xuño ás 11.00  horas (non haberá transporte escolar).

 O alumnado que teña libros do centro  deberá devolvelos antes da entrega de notas.

 Xunto coas notas entregaranse os documentos necesarios para a matrícula do curso 2023-24.

 PRAZO DE RECLAMACIÓNS  27 e 28 de Xuño.

 MATRÍCULA PARA O CURSO 23-24.

O prazo da matrícula ordinaria para o curso 2023-24 comeza o día 26 de xuño e remata o 7 de xullo. Para evitar aglomeracións, pregamos, sempre que sexa posible, que se respecte o seguinte calendario, en horario de 10.00  a 13.00 horas:

-Alumnado que se matricule en 1º da ESO o 26-27 de xuño.

-Alumnado que se matricule en 2º da ESO o 30 de xuño e 3 de xullo.

-Alumnado que se matricule en 3º da ESO o 29-30 de xuño.

-Alumnado que se matricule en 4º da ESO o día 27-28 de xuño.

Achéganse, como documentos adxuntos,os impresos de matrícula, que poderán ser descargados e cubertos.

 

Documentación a entregar  

Impresos: 1º ESO  2º ESO  3º ESO   4º ESO   4º PDC

 

  


Informamos que o sorteo do carro da compra por valor de 200 euros no supermercado Covirán Fisterra celebrarase o xoves 1 de xuño do 2023 e non na data indicada na rifa, posto que hai un erro na mesma.

Achegamos copia da rifa aquí


O pasado venres o alumnado do Club de lectura foi á Coruña, onde levou a cabo varias actividades centradas na ruta Picasso pola mañá e na cultura manga dende o mediodía ata media tarde: visita guiada ao IES Eusebio da Guarda, onde Picasso estudou secundaria e Belas Artes, e á Casa-Museo Picasso; ruta literaria baseada no libro Pablo e as pombas, de Marcos Calveiro, para o alumnado de 1º ESO; librería Fnac, e ExpOtaku.


Esta semana recibimos a visita da escritora Andrea Maceiras, que tivo un agradable encontro co alumnado de 1º ESO e co do Club de lectura de 3º e 4º ESO, co que falou dos seus libros A folla azul e Que me pare o corazón se te esquezo.
Moitas grazas, Andrea, pola túa visita!!


No DOG do día 19 de maio de 2023 publícase a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23.

O IES Fin do  Camiño está incluído no proxecto educación dixital (E-DIXGAL), polo tanto, o  alumnado está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos nesta orde.

Prazo: remata o 21 de xuño de 2023 (incluído)

Presentación:

-Forma presencial  no centro  educativo  cos impresos ( anexo I;e II) que entregaremos ao alumnado en papel  a vindeira semana

-Vía electrónica,na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.


No centro celebramos o Día das Letras Galegas con varias actividades: o Departamento de Lingua Galega e Literatura organizou unha exposición sobre a persoa homenaxeada este ano, Francisco Fernández del Riego, na que participou alumnado de 2º e 3º ESO; ademais, alumnado do Club de lectura puxo voz a unha pequena biografía audiovisual do intelectual galeguista, realizada pola biblioteca.

Ver vídeo


Os días 25 e 26 de abril o alumnado de 1º e 2º da ESO participou na actividade do Proxecto Terra facendo o tramo do Camiño de Santiago do Cebreiro a Samos. Ademais da camiñata , no Cebreiro visitaron a palloza museo, a igrexa e o conxunto arquitectónico; en Triacastela, fixeron unha actividade relacionada co tecido do liño no taller "Artelar"; e en Samos, visitaron o mosteiro.



by Dr. Radut