Skip to Content

O Centro escolar está redactando as normas de organización e funcionamento, un documento no que se aclaran cuestións que afectan á vida escolar, como a custodia do alumnado, o control da asistencia e da puntualidade, as normas de convivencia, o uso das instalacións, etc. Compre que as familias participen deste, co obxecto de que resulte un documento compartido por toda a comunidade educativa.


No documento adxunto poden ler un borrador elaborado polo equipo directivo. Por favor, faga chegar as súas consideracións ou emendas ó correo electrónico do centro ies.findocamino@edu.xunta.es ou ben por notificación na secretaría do centro dirixida ó director. Tamén, as familias poden facer chegar as súas suxerencias a través da representante da ANPA, Concha Montero Ruzafa ou da representante do consello escolar Mª Victoria Outes Ruibo.


Unha aperta: o director


Presentacións na biblioteca do centro o venres 16 de Setembro de 2011 co seguinte horario:



  • 1º E.S.O. ás 11:00 horas

  • 2º E.S.O. ás 11:30 horas

  • 3º E.S.O. ás 12:00 horas

  • 4º E.S.O. ás 12:00 horas

Haberá transporte escolar para chegar ás 11:00 horas ó instituto e sair ás 12:30 horas.


 


Durante o mes de agosto publicáronse na web http://premio.fad.es/  os finalistas autonómicos del Premio a la Acción Magistral 2011, en septembro celebrarase a Comisión de Avaliación Estatal e a reunión do Xurado, e a principios do mes de outubro faranse públicos os gañadores desta edición do Premio.


Para velo noso proxecto podedes clicar aquí ou ben acceder á http://premio.fad.es/phocadownload/2011/Recomendados_autonomicos/459-Galicia-B-PAM11.pdf.


Premede na seguinte ligazón para consultar o listado de libros de texto. LISTADO


Realizaranse o Xoves 1 de setembro e o Venres 2 de setembro de 2011.


Prema na seguinte ligazón para consultar o horario das probas e a súa distribución nas aulas CALENDARIO.



by Dr. Radut