Skip to Content

Hoxe o alumnado de 1º e 2º ESO realizou unha visita guiada ao Parlamento de Galicia, dentro do programa Coñece as túas institucións. Tivo acceso a diferentes dependencias, como o Salón dos Reis, o hemiciclo ou as salas onde sucede a actividade institucional diaria, e coñeceu de primeira man o funcionamento do Parlamento e a Xunta.

Ver imaxes


Continuamos coas actividades relacionadas co 25-N. Nesta ocasión a violinista Nuria Naya e a saxofonista Fátima Martínez analizaron o papel da muller no mundo da música ao longo da historia, interpretando diferentes pezas musicais. Ademais, durante esta semana poderemos ver a exposición Sen elas non hai música galega no primeiro andar.


Comezamos as actividades para conmemorar o 25-N coa presentación do libro Ocho señales. Cuestión de vida o muerte, de Noelia Míguez. A autora tivo un emotivo encontro co alumnado de 3º e 4º ESO no que falou dos diferentes tipos de violencia de xénero e da súa propia experiencia como vítima.


Chegou o Samaín!! Neste curso de volta á normalidade, recuperamos a Noite de medo no instituto con obradoiros de maquillaxe e de decoración de cabazas, un Cluedo elaborado por alumnado de 4º ESO e, por suposto, películas de terror.

Ver imaxes

Ver vídeo-presentación do Cluedo


O venres 09 de setembro comezará o novo curso escolar en horario habitual  (08:25 a 13:55), para todos os  grupos.

Haberá servizo de transporte escolar.


Durante o mes de agosto pódese comunicar preferentementemente co Centro a través da seguinte dirección de  correo:ies.findocamino@edu.xunta.es ou chamando ao teléfono 881 960 528



by Dr. Radut