Incio sesión

Escola de familias

Escola de familias

O vindeiro luns 15 de abril de 17:00 a 19:00 terá lugar no centro unha formación na que se tratará a importancia do valor do grupo. Nela abordaremos temas como a convivencia,  o valor da diferenza e a tolerancia entre outros. Esta xornada está destinada a toda a comunidade educativa na que tanto as familias coma o profesorado xogan un papel fundamental. Por iso consideramos que a vosa presencia é necesaria. Haberá unha chocolatada para rematar a sesión. Contamos coa vosa implicación!!!