blogue deadmin
CONCERTO EMILIO RÚA MARTES 21 DE 5.30 A 7 NO SALÓN DE ACTOS DO IES GARCÍA BARBÓN:::
Enviado por admin en Xov, 2011-06-16 12:00.
Desde o EDL [Equipo de Dinamización da Lingua Galega] do IES García Barbón temos a ben anunciarvos a actuación prevista para o vindeiro MARTES 21 DE XUÑO no SALÓN DE ACTOS do centro do cantautor EMILIO RÚA.
Emilio Rúa ten publicados os seguintes discos no mercado: Emilio Rúa (Edicións do Cumio 2000 ), Vida Miña ( Boa Music 2006), Interior ( Pai Música 2010).Colabora habitualmente con destacadas personalidades no mundo da música coma Uxía, Xosé Manuel Budiño, Luís Tosar, Xosé Carlos Caneiro, Guadi Galego, Quin Farinha, Tony Lomba, Manolo Rivas, etc.Gañou no 1999 o primeiro Premio no festival local de Verín Lluvia como Risa Furiosa. Colaborou en distintos proxectos do audiovisual galego coma o documental En Son de Paz do Instituto Galego de Educación para a Paz co tema musical firmado por Emilio Rúa En Nome da Paz do CD Vida Miña. Cantou e actuou na longametraxe de Ignacio Vilar Pradolongo. É o protagonista de videoclips musicais como Búscame (Boa Music ), Seres de Ficción ( CRTVG-Xabarín Club ), Interior ( PAI Música ) . Emilio Rúa chega ao IES GARCÍA BARBÓN de man dunha alumna de 2º de Bacharelato (Paula Vivián) con quen interpretará algunha peza, pero será un concerto con sorpresas e emotivo ao ser a despedida deste curso 2010/2011 e ao interpretar algún texto composto por alumnado do centro.
preme AQUÍ se queres ver videos de EMILIO RÚA
máis info en www.chumaceira.blogspot.com
DATOS DO DEPARTAMENTO DE FRANCÉS
Enviado por admin en Ven, 2011-05-20 10:11.NOME DA PROFESORA: ROCÍO GAYOSO RODRÍGUEZ
HORARIO DE ATENCIÓN A PAIS: LUNS, DE 19:15 A 20:00
HORARIO DE ATENCIÓN A ALUMNOS: LUNS, DE 16:45 A 17:30
MATERIAIS OBRIGATORIOS: LIBRO DE TEXTO: FRANCOFOLIE 1
OUTROS RECURSOS E ENLACES DE INTERESE: CANAL TV: TV5 MONDE
WWW.LEPOINTDUFLE.NET
DATAS DE EXAMES: MARTES 15 DE MARZO--EXAME DE VERBOS
XOVES 17 DE MARZO--2º EXAME PARCIAL
DA 2ª AVALIACIÓN
Xusta Poética no Castelo de Monterrei:::
Enviado por admin en Xov, 2011-05-19 12:29.
O alumnado de 1º de Bacharelato asistirá o vindeiro venres 27 durante a mañá ao castelo de Monterrei para facer unha actividade didáctica que ten como obxectivo recrear os tempos de final do medievo, aprender un pouquiño de literatura da época e coñecer o baluarte histórico, referencia cultural da comarca.
O venres 20 na aula 11 hai unha reunión para todo o alumnado que desexe participar. Débense entregar as autorizacións antes do vindeiro mércores.
BLOG DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
Enviado por admin en Xov, 2011-05-12 12:03.ACCEDE A TODA A INFORMACIÓN DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN A TRAVÉS DO BARBÓN BLOG
BARBÓN PRESS, o boletín informativo do IES GARCÍA BARBÓN
Enviado por admin en Xov, 2011-05-12 11:50.
O BARBÓN PRESS é o boletín informativo do EDL, de periocidade mensual faise eco das novidades do centro. Está elaborado por alumnado de bacharelato e pódese consultar en internet, no seguinte enlace
VIDEOarte COA TÚA PARTE
Enviado por admin en Xov, 2011-05-12 11:18.
Desde o IES GARCÍA BARBÓN queremos convidar a toda a comunidade educativa tanto do noso centro coma dos centros integrados na coordinadora comarcal a participar no certame de videocreación "videoarte coa túa parte". Neste blog iremos colgando as novidades e solucionando as dúbidas que poidan xurdir. De momento podemos consultar as bases, que son estas:
CORRELINGUA 2011
Enviado por admin en Xov, 2011-05-05 19:03.O CORRELINGUA 2011 NA COMARCA DE MONTERREI vén de cambiar de datas, pasando do día 5 ao 13. Por este motivo o IES GARCÍA BARBÓN ten que suspender a súa participación no mesmo.

LINGUA CASTELÁ E LITERATURA
Enviado por admin en Ven, 2011-04-15 11:21.MATERIAS:
-Lengua castellana y literatura I (1º de Bacharelato)
-Lengua castellana y literatura II (2º de Bacharelato)
-Lengua castellana y literatura I (dentro do módulo de Comunicación da ESA)
PROFESORADO
Antonia Roncero Martín [Atención aos pais-nais-titores: xoves 10.30 a 11.20]
Carmen Berenguer Ortuño [Atención aos pais-nais-titores Venres 11.50 a 12.40]
Manuel Rosende Torres [Atención aos pais-nais-titores: venres 11.50 a 12.40]
LIBROS DE LECTURA RECOMENDADOS
1º BACH-El Conde Lucanor
El Lazarillo
Novelas Ejemplares
El Perro del Hortelano
2º BACH- Romancero Gitano
La Colmena
La Fundación
Crónica de una muerte anunciada
LIBROS DE TEXTO
-Para Bacharelato utilízanse os manuais Lengua castellana y literatura I (1º de Bacharelato) e Lengua castellana y literatura II (2º de Bacharelato) da editorial Vicens Vivens como libros guía das materia, pero o proferosado do departamento vai fornecendo de materiais propios en función das necesidades das distintas materias así como moitos dos materiais que existen na rede ou temas fotocopiados eleborados polo profesorado.
-SAÍDAS PROGRAMADAS
-Sesión de teatro e arte en Compostela o 11 de marzo para ver a obra teatral El Perro del Hortelano.
-Saída ao Castelo de Monterrei para facer unha xornada de promoción da literatura medieval canda ao departamento de lingua galega
BLOGS:
WWW.ESABARBON.BLOGSPOT.COM (blog con contidos desta e outras materias dirixido ao alumnado de ESA)
SANITARIA
Enviado por admin en Ven, 2011-04-15 11:13.MATERIAS DO DEPARTAMENTO
-Operacións administrativas e documentación sanitaria
-hixiene do medio hospitalario e limpeza do material
-Promoción da saúde e apoio psicolóxico ao paciente
-Técnicas básicas de enfermería
-Técnicas de axuda odonto-estamotolóxicas
PROFESORADO:
Edmundo González Iglesias [Atención ao alumnado LUNS 11.50 A 12.40]
Mª Ángeles Pérez Barreiros [Atención ao alumnado LUNS 16.35 A 17.25]
SAÍDAS PREVISTAS:
Visita á vila de Allariz (Fogar de Maiores-Gardería-Asociación A.N.D.R.E.A.)
MATERIAIS:
Bonecos, cadeira dental, autoclave, estufa poupinel, ultrason, camas hospitalarias, carros de curas...
BIBLIOGRAFÍA:
Trabállase con materiais das editoriais EDITEX, MCMILLON e MCGRANHILL
PRÁCTICAS EN EMPRESAS:
Realizaranse en principio no centro hospitalario de Verín
AUTOMOCIÓN
Enviado por admin en Ven, 2011-04-15 10:42.MATERIAS DO DEPARTAMENTO:
-Circuítos electrotécnicos básicos. Sistemas de carga e descarga e arranque do vehículo
-Circuítos eléctricos auxiliares
-Seguridade no mantemento do vehículo
PROFESORADO
Antonio García Salgado [atención ao alumnado MARTES DE 11.50 A 12.40]
José Luis Fernández Sampedro
Javier Fernández Díaz
Mª Asunción Fernández Lorenzo [aten]
BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA PARA A MATERIA
1. Circuítos Electrotécnicos Básicos José Guillermo Tena Sánchez Ed Paraninfo
2. Seguridade en el mantenimiento de vehiculos Miguel Lozano Cid Ed Editex
