Saltar navegación.
Inicio

PROBAS DE ACCESO A CICLOS_2012.

O periodo para inscribirse nas Probas de Acceso aos Ciclos Formativos de Grao Superior comenza o 23 de xaneiro e remata o 3 de febreiro.


A inscripción nas Probas de Acceso aos Ciclos Formativos de Grao Medio será do 27 de febreiro ao 9 de marzo.


Obtén información mais completa das Probas no seguinte enlace:


https://www.edu.xunta.es/fp/node/10473


Se desexas consultar exames de convocatorias anteriores:


- Exames Acceso a C.M.:


http://www.edu.xunta.es/fp/node/255


-Exames Acceso a C.S.:


http://www.edu.xunta.es/fp/node/269/

NOVO PERIODO DE MATRÍCULA NAS ENSINANZAS DE ADULTOS (ESA)

O alumnado de nova incorporación poderá efectuar a súa matrícula para os módulos II e IV dende o día 10 ata o 16 de xaneiro de 2012.

A documentación que se precisa:

DNI, Certificación Académica, Tarxeta Sanitaria, NUSS, fotocopia do Libro de Familia e unha foto.

PROBAS LIBRES PARA OBTER O TÍTULO LOXSE DE XESTIÓN ADMNISTRATIVA.

Os que foron alumnos do IES García Barbón matriculados no C.M. de Xestión Administrativa (LOXSE) teñen a oportunidade de obter o título correspondente presentándose as probas libres. As solicitudes deben presentarse, en primeira convocatoria, dende o 11 de xullo ao 21 de xullo na secretaría do centro. Os exames terán lugar no mes de setembro, publicándose as datas e criterios de avaliación no taboleiro de anuncios do centro.

Consulta a convocatoria no seguinte enderezo:

https://www.edu.xunta.es/fp/index.htm

ENSINANZAS DE ADULTOS: PREINSCRIPCIÓN.

A preinscripción nas ensinanzas de adultos (ESA) será durante todo o mes de xullo.

A documentación que se precisa: DNI, Certificación académica dos estudios realizados e o formulario correspondente (Anexo IX-Orde 24-06-2008)

PERIODO DE MATRÍCULA NO CURSO 2011/12 EN BACHARELATO.

O periodo ordinario para formalizar a matrícula en Bacharelato no curso 2011/12 comenza 0 27 de xuño e remata 0 11 de xullo.

No mes de setembro abrirase un periodo extraordinario do 1 ao 12.

Consulta nos arquivos adxuntos a información relativa aos diferentes itinerarios e tamén podes descargar a documentación que precisas para formalizar a matrícula.

ABERTO O PERIODO DE ADMISIÓN EN CICLOS FORMATIVOS DO CURSO 2011/12.

O prazo para presentar as solicitudes de admisión en Ciclos Formativos para o Curso 2011/12 comenza o 17 de xuño e remata o 4 de xullo.

Posteriormente, o periodo ordinario de matrícula será do 19 ao 22 de xullo (ata as 13:00 horas) en primeiro prazo e do 26 ao 29 de xullo (ata as 13:00 horas) en segundo prazo.

Nos arquivos que se adxuntan podes atopar:

- Calendario dos diferentes prazos ordinarios e extraordinarios de xullo e setembro.

- Os impresos de solicitude e información sobre a documentación a presentar.

- Información sobre todo o proceso de admisión, xunto coas Ordes que o regulan.

CONCERTO EMILIO RÚA MARTES 21 DE 5.30 A 7 NO SALÓN DE ACTOS DO IES GARCÍA BARBÓN:::

Desde o EDL [Equipo de Dinamización da Lingua Galega] do IES García Barbón temos a ben anunciarvos a actuación prevista para o vindeiro MARTES 21 DE XUÑO no SALÓN DE ACTOS do centro do cantautor EMILIO RÚA.

Emilio Rúa ten publicados os seguintes discos no mercado: Emilio Rúa (Edicións do Cumio 2000 ), Vida Miña ( Boa Music 2006), Interior ( Pai Música 2010).Colabora habitualmente con destacadas personalidades no mundo da música coma Uxía, Xosé Manuel Budiño, Luís Tosar, Xosé Carlos Caneiro, Guadi Galego, Quin Farinha, Tony Lomba, Manolo Rivas, etc.Gañou no 1999 o primeiro Premio no festival local de Verín Lluvia como Risa Furiosa. Colaborou en distintos proxectos do audiovisual galego coma o documental En Son de Paz do Instituto Galego de Educación para a Paz co tema musical firmado por Emilio Rúa En Nome da Paz do CD Vida Miña. Cantou e actuou na longametraxe de Ignacio Vilar Pradolongo. É o protagonista de videoclips musicais como Búscame (Boa Music ), Seres de Ficción ( CRTVG-Xabarín Club ), Interior ( PAI Música ) . Emilio Rúa chega ao IES GARCÍA BARBÓN de man dunha alumna de 2º de Bacharelato (Paula Vivián) con quen interpretará algunha peza, pero será un concerto con sorpresas e emotivo ao ser a despedida deste curso 2010/2011 e ao interpretar algún texto composto por alumnado do centro.

preme AQUÍ se queres ver videos de EMILIO RÚA

máis info en www.chumaceira.blogspot.com

CURSO 2011/12: NOVO CURRÍCULO do C.M. de Xestión Administrativa-LOE

Os alumnos que se matriculen no vindeiro curso en 1º do C.M. de Xestión Administrativa disporán dun novo Currículo para as súas ensinanzas. A maior novidade está no incremento das horas do Ciclo a 2000, é dicir, dous cursos completos. No resumo que se adxunta amósanse a organización dos diferentes módulos e a asignación horaria xunto cas competencias profesionais e o contorno profesional do Ciclo Formativo. Tamén podedes consultar o Currículo completo no arquivo adxunto.

C.M. Xestión Admnistrativa-LOE

CURSO 2011/12: NOVO CURRÍCULO DO C.M. de Electromecánica de Vehículos Automóbiles-LOE

Os alumnos que se matriculen no vindeiro curso en 1º do C.M. de Electromecánica de Vehículos Automóbiles disporán dun novo Currículo para as súas ensinanzas. No resumo que se adxunta amósanse a organización dos diferentes módulos e a asignación horaria xunto cas competencias profesionais e o contorno profesional do Ciclo Formativo. Tamén podedes consultar o Currículo completo no arquivo adxunto.

C.M. Electromecánica de Vehículos Automóbiles-LOE

Distribuir contido