Saltar navegación.
Inicio

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Anímate a participar no concurso de postais de Nadal organizado polo EDLG e a bliblioteca do centro. Tes que facer un deseño orixinal (un debuxo ou unha foto) e escribit unha felicitación.

Manda a túa proposta antes do 17 de decembro ao correo biblioteca.barbon.verin@gmail.com.

A postal gañadora servirá para desexar felices festas a toda a comunidade educatica dende as redes sociais do centro.

BOLETÍNS NOTAS 1ª AVALIACIÓN

Recordatorio paras as familias e alumnado do IES GARCÍA BARBÓN.

As notas da primeira avaliación están publicadas no espazo ABALAR.

É necesario ter descargada a aplicación ABALAR para poder ter acceso a dita información.

Na presentación do curso 22/23 xa se comentou a importancia de ter activa a mesma, xa que a través de dita aplicación tanto alumnos maiores de idade, como pais, nais ou titores legais tedes acceso a toda a información do alumno/a: notas, faltas de asistencia, partes de comportamento...

Tamén tedes acceso a todos os avisos que o centro educativo comunica: saídas educativas, actividades complementarias, folgas do alumnado..

Ó longo da semana o alumnado de 2º CS e CM dos diferentes ciclos tamén poderá consultar os seus boletíns. 

Eleccións ao Consello Escolar

 

 

Toda a información das eleccións ao Consello Escolar atópanse nos documentos adxuntos de esta entrada.


INFORMACIÓN ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

 

A Resolución do 19 de setembro de 2022 (DOG do 30 de setembro) establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

A composición do Consello Escolar do IES García Barbón é como segue:

  • Presidenta: Directora
  • Xefe de Estudos de Diurno
  • Xefa de Estudos de Adultos
  • 1 Representante do Concello
  • 1 Representante dos Empresarios (con voz pero sen voto)
  • Secretaria (con voz pero sen voto)
  • 7 Representantes do Profesorado
  • 3 Representantes de Pais/Nais
  • 4 Representantes do Alumnado
  • 1 Representante do Persoal de Administración e Servizos

Nas presentes eleccións cómpre renovar ós seguintes membros por sectores:

  • 3 Representantes do Profesorado
  • 4 Representantes do Alumnado
  • 3 Representantes de Pais-Nais
  • 1 Representante do  Persoal de Administración e Servicios

 

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

 

De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (DOG do 30 de setembro), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de toda a comunidade educativa.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

- A Directora do Centro.
- Un profesor ou profesora.
- Un pai ou nai ou titor legal.
- Un alumno ou alumna.
- Un representante do persoal de administración e servizos

Os catro últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo día 28 de outubro, ás 11:30 na Biblioteca do Centro

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

 

II Xornadas de Emprendemento

Programa de orientación escolar actualizado para os estudantes do IES García Barbón

Programa de orientación escolar -en liña- e actualizado para os estudantes do IES García Barbón.

É unha ferramenta (Orientaline)  en liña moi útil que axuda no noso autocoñecemento e na busca de información moi completa e actualizada sobre os estudos que nos interesan. Para saber máis, visita a páxina do programa: https://www.elorienta.com/or/caracter.htm

Tamén podes consultar a nosa presentación sobre o  Orientaline.

Programacións curso 2022/2023

Programacións do curso 2022/2023 dos grupos de:

  • 1º Bacharelato
  • 2º Bacharelato
  • 1º CM Coidado Auxiliares de Enfermaría
  • Educación Secundaria de Adultos (Módulos I, II, III, IV)

Ligazóns ás programacións: https://drive.google.com/drive/folders/1Dq1kyHL7Nra8Bsxo62oEQV6fMBTX2JNr?usp=sharing

CLUB DE LECTURA "O TEAR DAS PALABRAS"

Este ano continuamos co noso club de lectura do IES García Barbón, O tear das palabras. Contamos contigo!! Se queres apuntarte ou máis información, pasa pola biblioteca. Anímate a participar!! 

 

Distribuir contido