Saltar navegación.
Inicio

Curso Capacitación Dixital no IES García Barbón

No IES García Barbón continúase coa impartición, gratuita, dos cursos sobre Competencias dixitais básicas, destinado a persoas sen formación dixital previa, e que non estén a cursar ensinanzas regradas neste curso académico 23/24. O obxectivo é formar ós participantes en aspectos básicos da vida cotiá como poden ser enviar un correo electrónico, pedir unha cita na páxina do Sergas, ler un xornal dixital...

O curso terá unha duración de 30 horas lectivas, que se levarán a cabo nas datas comprendidas entre o 13 e o 27 de maio, ambos incluídos, en sesións diarias de 16:00-19:00 horas, nas instalacións do centro.
Todas as persoas interesadas en realizar dita formación deberán pasar polo centro a cubrir o formulario de matrícula.

Para máis información presencialmente no centro en horario de 9:00-14:00, ou ben no teléfono 988685085.