COÑECENDO OS NOSOS MAIORES NO CENTRO DE DÍA ATALAIA

O pasado venres día 3 de maio, o alumnado de FPB visitou aos nosos veciños do Centro de Día Atalaia. O alumnado escribiulle a cada usuario unha carta chea de agarimo e os nosos veciños maiores compartiron con nós distintos aspectos da súa vida, as súas profesións, familias ou a súa infancia. Historias que nos emocionaron a todos. Ademáis coñecimos de primeira man a importante labor das traballadoras do centro. Unha primeira visita chea de emoción e tenrura, que será o inicio de distintas actividades que realizaremos durante o mes de maio. Agradecemos o Centro Atalaia a súa calurosa acollida.

Grazas!

Atalaia

AdxuntoTamaño
IMG-20240506-WA0014.jpg266.77 KB

Logo_plan_dixital

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer