Benvidos á web do IES A Guía

EXCURSIÓN DOS GRUPOS E CLUBES DO CENTRO

O día 22 de marzo saíron a visitar o museo Quiñones de León e o Parque de Castrelos un grupo de alumnado que participa no club de lectura xuvenil, manga, grupo de igualdade e voluntariado de biblioteca.

Queremos agradecer ao noso alumando a súa axuda e participación nos proxectos culturais que se levan a cabo.

voluntariado

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 2023/24

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4.º curso de educación primaria e 2.º curso de educación secundaria obrigatoria.No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril.

CONCÉDESE AO NOSO CENTRO O TÍTULO VIGUÉS DISTINGUIDO

O próximo 26 de marzo celebrarase a Gala dos Vigueses Distinguidos na que  que haberá sete recoñecementos e entregaranse dúas Medallas de ouro da cidade.

O IES A Guía foi recoñecido no ano do seu 50 aniversario.

Mais información: Atlántico diario.

Lista provisional admitidos - 2ºconvocatoria profesorado Erasmus+ ciclos superiores

Xa podedes consultar a lista provisional de admitidos da 2º convocatoria de mobilidades Erasmus+ desde ano para o profesorado de ciclos superiores.

Prazo de reclamacións: 5 días

Logo_plan_dixital

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer