Skip to Content

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 28 de maio de 2024. Pódese acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo en Buscar... o código de procedemento ED311A ou ben en PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).

Folla resumo das características do premio con indicacións importantes sobre como realizar a solicitude desde a aplicación de PremiosEdu.

Instrución 10/23 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se establecen para o curso 2023/24 os prazos e o procedemento para as reclamacións das cualificacións finais no segundo curso do bacharelato ou da decisión de titulación nesta etapa educativa. 

 Instrución 10/23

 Modelos orientativos

O pasado mes de xaneiro media ducia de estudantes de 2.º ESO deron un paso adiante e decidiron formar un grupo de resolución de problemas matemáticos. O obxectivo secundario era participar na Olimpiada Matemática, mentres que o obxectivo principal era gozar do proceso, enfrontar retos e aprender, aprender moito.

O equipo xuntábase un recreo á semana, ata que o xoves 25 de abril se celebrou en Pontevedra a fase zonal da Olimpiada. Aínda que a convocatoria establecía que só 4 persoas do centro podían participar, aló foi o equipo completo. As 2 persoas que por desgraza tiveron que quedar fóra deron todo o seu apoio moral ao resto, e dirixíronse á cafetería para resolver os problemas ao mesmo tempo que as demais. Unha experiencia diferente, á par que inesquecible.

Uns días máis tarde saltaba a noticia: soubemos que un dos membros do equipo, Martín, era seleccionado para participar na fase autonómica, que se vai celebrar o próximo xoves 23 de maio en Lugo. Dende un primeiro momento, o equipo xa se puxo a traballar para preparar este novo desafío. Deste xeito, o pracer de resolver problemas nonrematou, a celebración da fase zonal da Olimpiada non trouxo consigo a disolución do grupo. Nin moito menos. O equipo segue reuníndose e continúa debullando problemas. Aínda que unicamente Martín continuará coa compoñente competitiva desta aventura, non o imos deixar só na súa preparación. Somos un equipo!

 

"Non hai que queimar libros para destruír unha cultura. Chega con conseguir que a xente deixe de lelos."

Ray Bradbury

O pasado xoves, Pablo Loira Ermida, de 1º bacharelato C, acudiu ao colexio M. Peleteiro de Santiago de Compostela, ao acto de entrega dos Premios Minerva, nos que  conseguiu un accésit pola súa obra Tolemias do noso señor. Moitos parabéns e a seguir escribindo!

Noticia na Voz de Galicia

Distribuir contido


by Dr. Radut