Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA

O prazo de matrícula está aberto dende o día 23 de xuño ata o venres 7 de xullo. Poden realizar a matrícula na secretaría do centro cumprimentando a seguinte documentación:

Materiais curriculares para o curso 2023/2024

O próximo curso 2023/2024 todo o alumnado participará no proxecto E-Dixgal, polo que non haberá libros de texto.

Nas seguintes ligazóns poden consultar os materiais curriculares que precisa o alumnado en función do nivel que curse o próximo ano.

Aberto o prazo para as becas NEAE

Xa está aberto o prazo para solicitar as bolsas e axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

O prazo para solicitar estas axudas remata o vindeiro 20 de setembro de 2023.

Para máis información, premer na seguinte ligazón: https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/deportivas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

Axudas para adquirir material escolar

As axudas para material están recollidas na ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

 SOLICITUDES

Prazo: ata o 21 de xuño (incluído)

Documentación que hai que presentar:

Anexos I e II

Copia do libro de familia ou documento equivalente

Sentencia xudicial ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor (en caso de separacion ou divorcio)

Certificado do grao de discapacidade non expedido pola Administración autonómica (en caso de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia)

Documentación xustificativa (en caso de situación de violencia de xénero)

Requisitos para percibir a axuda para material:

Devolución dos libros do curso anterior

Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000€: 75€

Renda per cápita familiar superior a 6.000€ e igual ou inferior a 10.000€: 60€

Formulario (Anexo I e II):

Único para todos/as os/as fillos/as que estuden no mesmo centro educativo

Presentaranse por vía electrónica ou presencialmente no centro

Fomulario dispoñible no centro e na sede electrónica

Excursión á Coruña polo Día da Ciencia na rúa

O 6 de maio de 2023 parte do alumnado de 1º e 4º de ESO visitou a cidade da Coruña polo Día da Ciencia na rúa. Visitamos os museos científicos (Domus, Acuario e Casa das Ciencias) e vimos as diferentes tendas doutros centros educativos nos que expoñían experimentos para achegar a ciencia á cidadanía. Pasámolo xenial!

Álbum: CURSO 2022/23 -> Excursión á Coruña polo Día da Ciencia na rúa

Club de lectura BD: visita dos autores Manel Cráneo e Brais Fierro no Lamas de Castelo!!

Encontro cos autores da banda deseñada Roxín Roxal

27 de abril - Biblioteca escolar 

Distribuir contido


by Dr. Radut