Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Día da Paz

O martes día 30 de xaneiro o alumnado do centro celebra o día da Paz nun acto moi emotivo, recordando decenas de nenos falecidos en conflitos armados.

Deseño gañador: concurso de camisetas do 25N

Durante o primeiro trimestre todo o alumnado do centro participou nun concurso de deseño de camisetas con temática feminista aliñandose coa conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. O deseño gañador, escollido por un xurado imparcial, foi realizado por tres alumnas/os de 2º de ESO: Adriana Blanco Quintela, Ainhoa Morán Lado e Roi Rico Rodríguez. Estes estudantes recibirán de forma gratuita unha unidade da camiseta deseñada, máis toda/o interesada/o pode facerse con ela!

Prezos:

- 4 euros para as unidades destinadas ao alumnado matriculado no centro.

- 10 euros para familias, persoal docente e non docente e persoas alleas ao centro.

Durante os próximos días entregaremos ao alumnado circulares para que as persoas interesadas especifiquen as unidades e tallas que precisen. Alternativamente, pode solicitarse o pedido en conserxería ata o 9 de febreiro.

Deseño gañador: concurso de camisetas do 25N

Abraham Cupeiro en concerto!

O martes 23 de xaneiro teremos unha actividade moi interesante e educativa: un concerto didáctico do músico Abraham Cupeiro.

Unha oportunidade única para coñecer de primeira man a súa maneira de crear música, de recuperar instrumentos esquecidos e podelos escoitar en directo. Un privilexio poder traer a este grandísimo músico para mostrárllelo ao noso alumnado e profesorado, pois é un embaixador da nosa lingua e música dentro e fóra de Galicia, levando o seu galego sarrián alá onde vai e defendendo o noso falar en moitos e variados palcos por todo o mundo.

Nesta ligazón tedes unha información sobre o seu último traballo, Mythos, que vai presentar en breve en moitos escenarios.

O concerto é unha actividade do EDLG en colaboración co IES Fernando Blanco de Cee e a Casa da Cultura de Cee, que ó o local ao que asistiremos para escoitalo. Asistirá todo o alumnado do centro, así como o alumnado da ESO do Fernando Blanco.

En breve, colgaremos na revista O Gherreiro unha crónica sobre a actividade.

 

 

25 N

O alumnado do centro en contra da violencia contra a muller.

Magosto 2023

A choiva permitiunos disfrutar un ano máis dos xogos tradicionais! 

 

Película e coloquio con Alba Prol sobre "A mestra da escola"

O mércores 4 de outubro recibimos no centro a Alba Prol, directora e guionista da película documental A mestra de escola. O encontro serviu para coñecer mellor como se ideou esta historia e como se fixo realidade, ademais de para aprender como mudou a profesión das mestras rurais ao longo do século XX.

A actividade organizouna o Departamento de Lingua Galega e Literatura e o EDLG para o alumnado de 3º e 4º e o profesorado que quixo sumarse.

A mestra da escola é un documental de xornalismo de investigación histórica e testemuñal sobre as mestras rurais e a historia da educación en Galicia. Dirixido por Alba Prol e producido por Meteórica Cine, está destinado a un público amplo e heteroxéneo, especialmente para a comunidade educativa e para o ámbito familiar. Contou coa colaboración do Museo Pedagóxico de Galicia e producido ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

A AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) e a Xunta incorporaron esta película ao Catálogo Educa Audiovisual para achegar o cine aos centros educativos e facer posible o encontro e o coloquio entre o alumnado e os creadores e creadoras das películas.

 

Información da reunión para as familias

Aquí tedes un pdf coa información tratada na reunión coas familias.

AdxuntoTamaño
Información da reunión coas familias 2023-24.pdf1.95 MB

INFORMACIÓN E-DIXGAL PARA AS FAMILIAS

Na seguinte ligazón poden consultar toda a información relativa ao programa EDIXGAL, co cal estamos a traballar neste centro.

https://espazoabalar.edu.xunta.gal/sites/default/files/pagina_basica/files/folleto_edixgal_23_24_0.pdf

Distribuir contido


by Dr. Radut