Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Domingo Xaneiro 29, 2023
Start: 29/01/2023 10:50

O pasado venres 27 celebrouse na aula de 2º do CSAF do LALIN ARENA unha conferencia a cargo de Pedro Vicente Vila, catedrático de EF e profesor asociado da Universidade de Vigo no grao de CCAFD. A temática abordada foi a programación e deseño do adestramento de Forza en Amplitude de Movemento nos deportes de equipo. O alumnado de 2º do CSAF foi partícipe da experiencia profesional de Pedro Vicente como preparador físico durante 9 anos na modalidade de Fútbol Sala en equipos de nivel profesional. Agradecemos desde o departamento de EF a implicación e traballo do ponente e do alumnado nesta actividade.

Mércores Febreiro 08, 2023
Start: 08/02/2023 16:38

Este venres 3 o alumnado de 1º e 2º curso do CSAF asistiu a unha charla informativa organizada pola empresa "SALVAR, FORMAR Y SOCORRER, SL" para informar sobre a situación do marco lexislativo actual no ámbito dos servizos de salvamento e socorrismo acuático, tanto en piscinas como en espazos naturais. O noso alumando foi coñecedor das posibilidades que lles presenta este sector ao finalizar o ciclo ou ter algúns dos seus módulos cursados. A empresa organizadora xestiona na actualidade os servizos de salvamento e socorrismo dos concellos de Vigo e Sanxenxo, entre outros, cunha alta demanda de persoal cualificado para os 3 meses de verán, nunhas condicións laborais e uns requeitios de formación que foron explicados na charla. Desde o departamento de EF agradecemos o interese por manter informado ao noso alumnado e presentarlle unha posibilidade de desenvolvemento profesional.   

Domingo Febreiro 26, 2023
Start: 26/02/2023 12:20

O pasado venres 24 o alumnado de 1º curso do CSAF rematou cunha sesión práctica a actividade formativa "Novas tecnoloxías na valoración da condición física" impartida por Alberto Mouriño (centro MOVE), graduado en Ciencias da Actividade Física e Deporte e investigador (Universidade de Vigo) no ámbito do exercicio físico, saúde e rendemento motor. 

A actividade desenvolveuse cunha conferencia inicial e unha sesión práctica posterior na que o alumnado puido comprobar o funcionamento e aplicación de distintos recursos tecnolóxicos na valoración da CF dos usuarios dun servizo de acondicionamento físico: dinamómetro, acelerómetro, plataforma de contacto para saltos e dispositivos de células foto eléctricas.

Desde o departamento agradecemos a Alberto Mouriño a súa colaboración, que terá continuidade coa incorporación ó centro MOVE de varios alumnos de 2º nas prácticas do módulo de FCT.    

Distribuir contido