Revista escolar: "A Cacharela" Nº 8 --> Edición dixital
Nova edición, estreamos novo número, o número 8 da nosa revista escolar "A Caharela"
aquí tendes a edición dixital:
Premede na ligazón --->>> https://sites.google.com/site/acacharela8/
Pronto a teremos en papel...
Concurso de Blog´s do IES Laxeiro: Blogalízate!
BloGalízate! Este é o ´slogan´ a prol do Galego dende o IES Laxeiro de Lalín. Dende o principio deste curso, estivemos comprobando como moitos alumnos traballaron a prol do Galego e das TIC´... agora e cando anunciamos:
Xa temos os nosos tres primeiros gañadores do I Concurso de Blog´s en galego!
1º premio: eoquepensoeninguenovaicambiar.blogspot.com ---->> Mónica Jacobo Torres (4º ESO )
2º premio: maiscercadacompeticion.blogspot.com ---->> Iván Álvarez Portela (4º ESO )
aínda que estes foron os tres mellores, tamén chegaron a ser finalistas...
odiariodenayara.wordpress.com/ ---> Jasmín ( 4º ESO )
unsorrisonanenez.wordpress.com/ ---> Ana Belén ( 1º BAC )
lugaresfermosos.wordpress.com/ ---> Antía ( 1º BAC )
un saúdo, e vémonos para a entrega de premios!
O IES Laxeiro premiado no IV Concurso Galego de Robótica
Os alumnos e alumnas de 4º ESO e 1º Bacharelato do IES Laxeiro de Lalín acadaron o segundo premio no IV Concurso Galego de Robótica.
Celebrando o Ano Galego da Tecnoloxía 2012, o Instituto Galego de Ciencia IGACIENCIA organizou a actividade "A Maxia da Robótica". Realizouse durante os días do 16 ao 20 de abril en Lugo. Nesta actividade pretendeuse achegar aos nosos alumnos e alumnas o campo da robótica e aproveitar a súa "maxia" para promover a cultura científica na nosa sociedade galega.

23 de abril: Día internacional do Libro
O día 23 de abril celebramos o Día Internacional do Libro no Laxeiro.

Os monitores de 3º y 4º Diversificación que se encargaron dos obradoiros coa axuda das profesoras Ester González y Sara Castro.
Visita á Central térmica de MEIRAMA e ao Complexo Medioambiental de SOGAMA en Cerceda (A Coruña)
O pasado xoves, día 12 de abril de 2012, alumnado de 1º de bacharelato da materia de Ciencias para o Mundo Contemporáneo acompañados de tres profesores, realizaron unha visita didáctica á Central térmica de MEIRAMA e ao Complexo Medioambiental de SOGAMA no Concello de Cerceda.

O grupo 4º ESO A acadou o 2º posto no XX RALLYE MATEMÁTICO SEN FRONTEIRAS
O alumnado de 4º ESO-A do noso centro acadou o segundo posto na edición número 20 do Rallye Matemático sen Fronteiras no que participaron uns 50 grupos de alumnos de Galicia. O día 13 de abril desprazaranse a Santiago para recibir os seus premios.
Neste concurso participaron 6 grupos de alumnos do IES LAXEIRO, 3 de 4º e outros tantos de 3º. Tiveron que resolver, en equipo e de forma conxunta, 6 problemas nunha hora.
O IES Laxeiro gaña de novo! Campeón do Parlamento Xove 2012.
O equipo do IES Laxeiro formado por Celia Varela, Alba Vázquez, Nerea Vila e Daniel Sousa, coordinado polo profesor Manuel Igrexas, son de novo campións no concurso de debate Parlamento xove 2012 organizado pola Subdirección xeral de Xuventude da Xunta de Galicia.

Actividades -aprendizaxe Linguas estranxeiras. Convocatoria 2012
Inmersión lingüística ano 2012
Solicitude de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras información
Proceso de admisión e matrícula de ESO e Bacharelato para o curso 2012/2013
A partires do vindeiro 1 de febreiro comeza o proceso de admisión e matrícula na ESO e Bacharelato para o curso escolar 2012/2013. Podedes consultar o calendario e a orde que regula o proceso.Nos seguintes ligazóns podedes atopar os impresos que debedes rellenar para solicitar praza no centro.
- Documento para reserva de praza interna
- Documento para solicitar a admisión de alumnado non adscrito

