ESO & BACHARELATO (réxime ordinario): PROCESO DE ADMISIÓN 2024-2025

15/01/2024 09:59
31/07/2024 09:59
Europe/Madrid

 Calendario do procedemento de admisión e matrícula

Os prazos para tramitar o procedemento de admisión e formalizar a matrícula son os seguintes (referidos ao ano natural):

1. Prazo de presentación de solicitude de reserva: 15 de xaneiro a 4 de febreiro

2. Publicación da listaxe do alumnado con posto reservado: 22 de febreiro

3. Data do sorteo público para os efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo

4. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo

5. Prazo de presentación de solicitude de admisión: 1 a 20 de marzo

6. Prazo de presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión

7. Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: 25 de abril

8. Prazo de reclamación contra as listaxes provisionais: 5 días hábiles, contados a partir do seguinte á data de publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido.

9. Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: 15 de maio

0. Prazo para formalizar a matrícula na ESO e bacharelato: 23 de xuño a 7 de xullo

Disposición adicional primeira (Calendario do procedemento de admission e matrícula), ORDE21out 2022

 

Cómputo de prazos

Para os efectos de cumprir os trámites do procedemento de admisión e formalización da matrícula do alumnado, cando o último día do prazo non sexa lectivo, prorrogarase automaticamente ata o día lectivo inmediato seguinte.

Disposición adicional segunda (Cómputo de prazos), ORDE21out2022

 

NORMATIVA:

-D13/2022, 3feb, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanza de 2º ciclo de EInfantil, EPrimaria, ESO & BAC reguladas na LOE.

-ORDE21out 2022 pola que se desenvolve D13/2022, 3feb (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

DOCUMENTOS:

-RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DOCENTE SOSTIDO CON FONDOS PÚBLICOS (ED550A).

-DOCUMENTO PARA ADMISIÓN ALUMNADO EXTERNO (ED550B).

A DIRECCIÓN

 

AdxuntoTamaño
ed550a-g_3.pdf1.23 MB
ED550B.pdf942.31 KB