ACTIVIDADE DEPORTIVA EN IDADE ESCOLAR: CAMPO A TRAVÉS

17/11/2023 15:43
Europe/Madrid

Boa participación do alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO do IES Laxeiro na fase zonal da actividade deportiva de Campo a través. Un total de 140 alumnas/os do Laxeiro compartiron unha boa máñá deportiva no recinto ferial da Semana Verde de Silleda. Deixamos unha pequena mostra dos podiums nos que tivemos ampla representación.  

VISITA AO CENTRO DEPORTIVO UNIT365 (MILLADOIRO) DO ALUMNADO DE 1º E 2º DO CSAF

17/11/2023 15:25
Europe/Madrid

O pasado venres 10 de novembro o alumnado do CSAF realizou unha visita de estudios ao centro deportivo UNIT 365, organizada polos departamentos de FOL e EF. O alumnado coñeceu da man de Roi López (ex-alumno do CSAF-IES Laxeiro, técnico de acondicionamento físico no Unit 365) o seu funcionamento, as súas instalacións e vivenciaron distintas actividades de adestramento: Pilates, adestramento en suspensión (TRX) e Ciclo Indoor. Agradecemos aos xerentes de UNIT 365 e a Roi López a boa acollida que nos ofreceron.  

LIBROS DE TEXTO 2023_2024

 

NOTA IMPORTANTE: Se non se especifica libro de texto nunha determinada materia, ámbito ou módulo é que non se vai utilizar.

ESO > Todos os niveis da ESO están incluídos no programa EDIXGAL; polo tanto, non se especifica ningún libro de texto en formato papel.

1º BACHARELATO > (descargue documento)

2º BACHARELATO > (descargue documento)

CICLOS FORMATIVOS > (descargue documento)

ESA (Eso para adultos) > (descargue documento)

 

DESPEDIDA DEPORTIVA DO CURSO 22-23

24/06/2023 09:56
Europe/Madrid

En feminino e plural, así rematamos este curso cunha actividade deportiva organizada por Manuel Hermo (departamento de inglés) e Xosé Pedreira (departamento de EF). Torneo de fútbol 6 con máis de 60 alumnas dos 4 cursos da ESO que deron unha lección (ao colectivo masculino de alumnos e profesores) de comportamento, esforzo, competividade e respecto. Parabéns a todas as participantes e un agredecemento ó labor arbitral de Rubén e Jorge (departamento de Historia).  Bo verán. 

Sen medo a medrar!

 "SEN MEDO A MEDRAR" é o proxecto de lexicografía que nace no IES Laxeiro e que  medra con CEIP de VIlatuxe, porque o alumnado fixo 
xermolar o nome da PRUNIA para referirse á flor da cerdeira e PRUNEDO para facer referencia ao lugar de plantación... 

o _galego medra_ e os falantes son os que o fan posible. 

Divulguemos estas palabras para  ir medrando coa lingua!

 

Este proxecto foi realizado por:

IES Laxeiro ----> Alumnado de 3º ESO C e coordinado por a súa profesora María Begoña González Cuñarro

CEIP Vicente Arias de la Maza ----> Alumnado de Ed. Infantil e coordinado por a súa profesora María Teresa Aller Alonso

Reconto dos traballos científicos do noso Club de Ciencias - Curso 2022-2023

Dende o Club de Ciencias do IES Laxeiro, recollemos e publicamos os resultados das investigacións e outras actividades realizadas neste curso 2022-2023.

 Fai Click en cada ligazón para acceder ao documento adxunto.

ALUMNADO DE 1º DE BAC NO CAMIÑO DE SANTIAGO

08/06/2023 10:32
Europe/Madrid

O alumnado de 1º de BAC ven de completar 2 etapas do Camiño de Santiago, realizando o percorrido entre Vigo e Pontevedra, correspondente ao "Camiño portugués da costa". A 1ª etapa rematou no núcleo urbano de Redondela. O grupo pudo descansar e durmir no pabillón polideportivo desta localidade. 

 

PRIMEIROS AUXILIOS NO CEIP MANUEL RIVERO CO ALUMNADO DE 1º DO CSAF

31/05/2023 14:50
Europe/Madrid

Este mércores 31 de maio o alumnado de 1º curso do CSAF compartiu os seus coñecementos nas técnicas de SVB (soporte vital básico) co alumnado de 5º e 6º de primaria do CEIP Manuel Rivero.

 

Proba de Competencia Dixital alumnado de 4º ESO - Curso 2022-2023

Competencia DixitalCOMPETENCIA DIXITAL DO ALUMNADO
4º ESO - PROBA DE PILOTAXE


O noso centro educativo foi seleccionado para a realización dunha proba piloto coa que se pretende analizar a competencia dixital do alumnado de 4º de ESO.


A competencia dixital enténdese a combinación de coñecementos, habilidades e aptitudes para o uso seguro, crítico e responsable das TIC na aprendizaxe, o traballo, o lecer, a participación na sociedade e a interacción con ditas tecnoloxías. A nivel práctico estrutúrase en cinco grandes áreas (Información e datos, Comunicación e colaboración, Creación de contido dixital, Seguridade e privacidade e Contorna dixital e solución de problemas). Pódese acceder na seguinte Ligazón ao portal para realizar a proba de demostración ---> Fai Click!


Mediante esta proba piloto obterase información de gran valor de cara ás decisións executivas que a CCEFPU tomará nos vindeiros cursos en relación ás accións de impacto definidas na Estratexia Educación Dixital 2030, as cales están enfocadas a unha maior presenza da educación dixital nas aulas co fin de acadar, entre outros obxectivos, a cidadanía dixital plena (convivencia dixital pacífica, alfabetización informacional e loita contra a desinformación, pensamento crítico) e atallar a fenda dixital.


Dita proba realizarase de xeito online a través da plataforma deseñada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), a cal garante en todo momento a privacidade dos datos dos participantes. ComDix: Plataforma de certificación en el Marco Gallego de Competencias Digitales (xunta.gal)

Solicitude de Axudas para a adquisición de Material Escolar - Curso 2023-2024

SOLICITUDE DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR - CURSO 2023-2024

[ORDE10mai2023 pola que se regula aparticipación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado na EPrimaria, ESO e EE de centros docentes sostidos con fondos públicos para 2023/2024 (código procedemento ED330B) (DOG, 19mai)].

NOTA IMPORTANTE:

O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos en EDIXGAL no curso 2023/24 está excluído da partcipación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúnan os requisitos establecidos na orde.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:   do 20 DE MAIO AO 21 DE XUÑO DE 2023

O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31mar2023.

PROCEDEMENTO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

PARA MAIS INFORMACIÓN:

Pode consultar --> FAQ - "Preguntas Frecuentes" Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

Acceso á Axuda do Aplicativo fondo_libros  --> https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

 

A DIRECCIÓN

Distribuir contido