Ciclos

VISITA AO CENTRO DEPORTIVO UNIT365 (MILLADOIRO) DO ALUMNADO DE 1º E 2º DO CSAF

17/11/2023 15:25
Europe/Madrid

O pasado venres 10 de novembro o alumnado do CSAF realizou unha visita de estudios ao centro deportivo UNIT 365, organizada polos departamentos de FOL e EF. O alumnado coñeceu da man de Roi López (ex-alumno do CSAF-IES Laxeiro, técnico de acondicionamento físico no Unit 365) o seu funcionamento, as súas instalacións e vivenciaron distintas actividades de adestramento: Pilates, adestramento en suspensión (TRX) e Ciclo Indoor. Agradecemos aos xerentes de UNIT 365 e a Roi López a boa acollida que nos ofreceron.  

PRIMEIROS AUXILIOS NO CEIP MANUEL RIVERO CO ALUMNADO DE 1º DO CSAF

31/05/2023 14:50
Europe/Madrid

Este mércores 31 de maio o alumnado de 1º curso do CSAF compartiu os seus coñecementos nas técnicas de SVB (soporte vital básico) co alumnado de 5º e 6º de primaria do CEIP Manuel Rivero.

 

FORMACIÓN PARA DOCENTES E ALUMNADO DO CSAF CON DOMINGO SÁNCHEZ "PATRÓNS DE MOVEMENTO: MOBILIDADE E ESTABILIDADE"

22/03/2023 14:56
Europe/Madrid

O pasado venres 17 de marzo, aproveitando a estadía de Domingo Sánchez como poñente nun curso con docentes do IES Laxeiro e do CIFP Bouza Brey de Vilagarcía, realizamos unha actividade formativa co alumnado de 2º curso do CSAF. Ao longo da mañá Domingo explicou a importancia do coñecemento das bases anatómicas e mecánicas do movemento no deseño de exercicios de estabilidade e mobilidade orientados a unha condición física saudable. A sesión se acompañou dunha aplicación práctica, con exercicios orientados a utilización de movementos amplos, seguros e o desenvolvemento da musculatura estabilizadora.  

CONFERERENCIA E SESIÓN PRÁCTICA: "AS NOVAS TECNOLOXÍAS NA VALORACIÓN DA CONDICIÓN FÍSICA"

26/02/2023 12:20
Europe/Madrid

O pasado venres 24 o alumnado de 1º curso do CSAF rematou cunha sesión práctica a actividade formativa "Novas tecnoloxías na valoración da condición física" impartida por Alberto Mouriño (centro MOVE), graduado en Ciencias da Actividade Física e Deporte e investigador (Universidade de Vigo) no ámbito do exercicio físico, saúde e rendemento motor. 

A actividade desenvolveuse cunha conferencia inicial e unha sesión práctica posterior na que o alumnado puido comprobar o funcionamento e aplicación de distintos recursos tecnolóxicos na valoración da CF dos usuarios dun servizo de acondicionamento físico: dinamómetro, acelerómetro, plataforma de contacto para saltos e dispositivos de células foto eléctricas.

Desde o departamento agradecemos a Alberto Mouriño a súa colaboración, que terá continuidade coa incorporación ó centro MOVE de varios alumnos de 2º nas prácticas do módulo de FCT.    

CONFERENCIA NO CSAF SOBRE "ACONDICIONAMENTO FÍSICO NOS DEPORTES DE EQUIPO"

29/01/2023 10:50
Europe/Madrid

O pasado venres 27 celebrouse na aula de 2º do CSAF do LALIN ARENA unha conferencia a cargo de Pedro Vicente Vila, catedrático de EF e profesor asociado da Universidade de Vigo no grao de CCAFD. A temática abordada foi a programación e deseño do adestramento de Forza en Amplitude de Movemento nos deportes de equipo. O alumnado de 2º do CSAF foi partícipe da experiencia profesional de Pedro Vicente como preparador físico durante 9 anos na modalidade de Fútbol Sala en equipos de nivel profesional. Agradecemos desde o departamento de EF a implicación e traballo do ponente e do alumnado nesta actividade.

Visita ao Parque Eólico Experimental de Sotavento

 

Visita a Sotavento 2023O pasado mércores 11 de xaneiro de 2023, o alumnado do Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automatismos e xunto co alumnado de 1º Bacharelato que cursan a área de Tecnoloxía industrial, participaron nunha actividade complementaria, coa visita ao Parque Experimental Eólico de Sotavento, situado na Serra da Loba. Os contidos estiveron centrados na parte técnica pero non faltou a compoñente transversal de do comportamento social e ético en canto a problemática medioambiental dos recursos enerxéticos. Nesta visita puideron afianzar os seus coñecementos de tecnoloxía e instalacións acerca das enerxías renovables. Como en anos anteriores, fomos recibidos e moi ben atendidos polo persoal deste parque, que é moito máis que unha central de produción de enerxía eléctrica, senón que funciona como unha aula divulgativa das vantaxes das fontes de enerxía renovables e de promoción de condutas sostibles e respectuosas co medio, tan necesarias para fomentar na cidadanía un consumo enerxético responsable.

 

 Esta actividade estivo organizada polos depart. de Electricidade FP e Tecnoloxía Bach do noso centro.

 

2º CSAF: MASTERCLASS DE "MOVEMENTOS OLÍMPICOS" CON CARLOS FERNÁNDEZ (XIMNASIO Ferro´S)

13/12/2022 08:35
Europe/Madrid

O alumnado de 2º curso do CSAF realizou a pasada semana unha actividade complementaria con Carlos Fernández, técnico do Ximnasio      Ferro´S de Lalín. A formación centrouse no desenvolvemento de progresións para a aprendizaxe dos "movementos olímpicos", exercicios especificos para o adestramento de forza con pesos libres.  A actividade desenvolveuse en 3 horas lectivas na aula de prácticas do CSAF no Lalín Arena, dentro da programación do módulo "Fitness en sala de adestramento polivalente".  

Convocatoria Extrordinaria: Datas das Probas - Bacharelato e FP Básica

Publicamos as Datas das Probas da Convocatoria Extraordinaria de Formación Profesional Básica e de Bacharelato.

Nos documentos PDF  Adxuntos tendes os horarios das probas de cada Curso, de cada Módulo de cada familia profesional FP Básica.

 

Datas Probas Finais Ciclos Formación Profesional

Publicamos as Datas das Probas Finais de cada unha das Familias dos Ciclos Formativos do noso centro:

Nos documentos PDF  Adxuntos tendes os horarios das probas de cada Ciclo, de cada Curso, de cada Módulo de cada familia profesional.

Ciclo Superior

Acondicionamento Físico

Ciclo Superior

Administración e Finanzas

Ciclo Medio

Xestión Administrativa

Ciclo Superior

Mecatrónica

Ciclo Medio

Electromecánica de Vehículos

Ciclo Medio

Instalacións Eléctricas e Automáticas

 Para calquera dúbida ou mais información acudide a Xefatura de Estudos,

 Facer Click nos iconos de cada Familia ou ben desplegar a lista de documentos adxuntos seguintes:

 

Distribuir contido