1º E.S.O.

Actividade “ MAPAS DIVERTIDOS” - Curso 2021-2022

O Departamento de Xeografía e Historia organizou o venres 19 de novembro unha actividade, impartida pola empresa Tifgal, para acercar ao alumnado de 1º de ESO o mundo da interpretación dos mapas. O alumnado aprendeu a diferenciar distintas imaxes, como zonas de auga, bosques, parcelas e zonas urbanas dunha forma atractiva e interactiva.

 

O obxectivo é acercar a Xeografía ao alumnado vendo a súa aplicación práctica sen deixar de aprender e divertirse.

Noticia publicada na Voz de Galicia do 20/11/2022.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/lalin/2021/11/20/valor-mapas-laxeiro/0003_202111D20C4992.htm

Noticia publicada no Faro de Vigo do 20/11/2022.

https://galego.farodevigo.es/deza-tabeiros-montes/2021/11/20/disfrutar-mapas-instituto-laxeiro-59742891.html

Proxecto E-DixGal - Curso 2021 2022

Na semana do 27 de setembro, procedemos a entrega dos equipos portátiles para o noso alumnado, en réxime de cesión para este curso 2021-2022.

Aconsellamos as familias que revisen toda a información que está "centralizada" no espazo Abalar :
https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/

...e mais aínda no recuncho "específico" para as familias:
https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/e-dixgal/informacion-para-familias
Están dispoñible uns vídeos explicativos, cortiños a modo de videotitoriais.

Adxuntamos o folleto informativo sobre o Proxecto E-DixGal --> Descarga/ver folleto sobre o Proxecto E-DixGal 

Adxuntamos o folleto informativo sobre as condicións do seguro --> Descarga/ver folleto sobre o Seguro do Portátil 

A maiores, este ano, hai unha novidade para contratar o seguro anual para os equipos cedidos...
A Empresa PLEXUS habilitou unha páxina Web para contratar o seguro e centralizar as avarías/incidencias con relación aos equipos.
Existe un correo electrónico para contactar e pedir información sobre cobertura e demais condicións legais...
Correo electrónico: coberturasir@plexus.es
Páxina Web: https://coberturasir.plexus.es/

ROMPECOCOS

Ante a situación de crise ocasionada pola COVID-19,  este curso decidimos facer actividades individuais  en lugar das de grupo coas que traballamos estes últimos anos.
A finais do primeiro trimestre decidimos facer un concurso no que os alumnos deberán resolver retos matemáticos coa finalidade de que  desenvolvan os conceptos aprendidos aplicando razoamentos lóxico-matemáticos, espaciais e lingüísticos; que melloren a capacidade de reflexión, a análise, a exploración de alternativas e a precisión na linguaxe á hora de expoñer conclusións. Parabéns aos gañadores!!!

DÍA DE PI

  Para celebrar o día de PI fixemos  varias actividades con un resultado moi positivo. As actividades mais salientables foron:
•    Unha exposición na que se recollía a evolución do número PI ao longo da historia e as súas aplicacións. 
•     Obtivemos aproximacións ao número PI medindo as lonxitudes de circunferencias que os alumnos debuxaban en folios e dividíndoas entre o diámetro. As lonxitudes das circunferencias medímolas con anacos de lá. Algunhas aproximacións foron realmente boas!
•       O alumnado decorou cifras do 0 ao 9 e logo construímos o número PI sobre as paredes do instituto.
•    Fixemos un concurso de isoPIas no que os alumnos fixeron frases coas cifras do número PI. Parabéns aos gañadores!!!

CLUB DE CIENCIA: ALIMENTACIÓN SAUDÁBEL "O ENIMIGO INVISÍBEL"

05/06/2021 16:26
Europe/Madrid

O alumnado de 2º de ESO que estivo traballando no proxecto ALIMENTACIÓN SAUDÁBEL "O ENIMIGO INVISÍBEL", está a realizar unha presentación, nos cursos de 1º da ESO, na que dan conta de seu traballo sobre o consumo de "azucre engadido" en estudantes da ESO do IES Laxeiro. Os obxectivos principais foron valorar o grao de cumprimento das recomendacións da OMS sobre a inxesta de "azucre libre" (<25 gr/día); e por outra parte, concienciar sobre a necesidade duns hábitos de alimentación saudabeis, que xunto coa actividade física, son os mellores medios para manter un bo estado de saúde.

 

Musiqueando no Laxeiro

A COAEM (Confederación de Asociacións de Educación Musical do Estado Español) organiza cada ano unha proposta chamada Musiqueando, para visibilizar a importancia da música no ensino obrigatorio. Neste curso no que a pandemia condicionou tanto a práctica musical nas aulas, o Departamento de música celebrou o Musiqueando 2021 implicando a todo o alumnado de música da ESO do IES Laxeiro (uns 200 alumn@s), que representaron hoxe, 26 de maio, unha coreografía pautada por Santi Serratosa, nos xardíns xunto ao centro.

Esta semana colgarase este traballo nas redes sociais coas etiquetas: #musiqueando 2021, #musiqueandoviral, #nosimportalamusica.

Agradecemos a todo o alumnado a súa participación e ao profesorado e ao concello a súa colaboración.

INICIACIÓN A RUGBY CO "CLUB RUGBY CORETI LALÍN"

24/05/2021
Europe/Madrid

O pasado xoves alumnado de 1º de BAC adicou a sesión de EF a disfrutar do Rugby das mans de adestradores e adestradoras do club Rugby Coreti Lalín. Este luns tamén poderá facelo o alumnado de 1º de ESO. Agardamos disfruten da actividade e se animen a probar este deporte de equipo, no que ademais dunha boa condición física e técnica, son fundamentais os valores de repecto e traballo colectivo.  

Concurso de "memes" - 1º ESO

Foi longo, moi longo, este tempo de confinamento, pero no Laxeiro procuramos que non se perdese o humor. As profesoras Emilia Garea e Alicia Cordeiro do Dpto. de Lingua castelá, prepararon para o alumnado de 1º da ESO unha actividade que consistía na creación dun meme.

 

En 1º da ESO,de todas as tarefas  foron escollidos 16 memes e propúxose unha votación en liña para escoller os mellores. Os resultados son os que a continuación vos mostramos:

 1º posto: Selma Carballude de 1º ESO A (29 votos)

 2º posto: Sara Senande de 1º ESO C (20 votos)

 3º posto: Carmen Taboada de 1º ESO C (14 votos)

 4º posto: Dani Piloto de 1º ESO A (13 votos)

 5º posto: Jaime Vázquez de 1º ESO C (12 votos)

 

 Queremos dar as grazas a profesora Ester González, do Dpto. de Lingua galega, por compartir a idea da tarefa. Arriba o traballo cooperativo!!!

 

 Parabéns a todas e todos, rapazas e rapaces, por participar dun xeito ou doutro na idea e contribuír a que non se perda algo tan valioso como saber rir dun mesmo.

 

Moi orgullos@s da nosa rapazada!!!!!!!

 

 

 

 
What do you want to do ?

New mail

Semana da Robótica no Laxeiro - [17-21 febreiro 2020]

Un grupo de alumn@s convertíronse en Profesores "chiflados" de Robots...
Nunha primeira fase, foron aprendices, construindo e programando os Kits de Robots que temos no Instituto.
Logo na seguinte fase, eran eles os que titorizaban a grupos de alumnos interesados de 1º ESO.

Esta actividade foi coordinada por o Club de Ciencia, na selección do alumnado participante, con criterios de igualdade de oportunidades, de paridade de xénero e de idade.

Ao profesorado tamén se lle "formou" no manexo dos Kit de Robótica pero coma sempre foron superados polo noso alumnado de 1º ESO...

Unha experiencia que volveremos a repetir e a contar en canto teñamos o noso Espazo Maker no noso centro.

Alumnos Titores:

- Matías Rubén Zorrilla Duarte - 2º ESO B
- Iria Carballude Beleda - 2º ESO A
- Guillermo Pérez Fernández - 2º ESO C
- Samuel Núñez Grove - 2º ESO C
- Tomás Hermida Paulaskiene - 2º ESO A 

 [17-21 febreiro 2020]

- LEGO WE.DO 2.0 - Conxunto de actividades de ciencias - KIT nivel principiante

- LEGO MINDSTORM EV3 - KIT nivel avanzado

Distribuir contido