Proxecto E-DixGal - Curso 2021 2022

Na semana do 27 de setembro, procedemos a entrega dos equipos portátiles para o noso alumnado, en réxime de cesión para este curso 2021-2022.

Aconsellamos as familias que revisen toda a información que está "centralizada" no espazo Abalar :
https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/

...e mais aínda no recuncho "específico" para as familias:
https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/e-dixgal/informacion-para-familias
Están dispoñible uns vídeos explicativos, cortiños a modo de videotitoriais.

Adxuntamos o folleto informativo sobre o Proxecto E-DixGal --> Descarga/ver folleto sobre o Proxecto E-DixGal 

Adxuntamos o folleto informativo sobre as condicións do seguro --> Descarga/ver folleto sobre o Seguro do Portátil 

A maiores, este ano, hai unha novidade para contratar o seguro anual para os equipos cedidos...
A Empresa PLEXUS habilitou unha páxina Web para contratar o seguro e centralizar as avarías/incidencias con relación aos equipos.
Existe un correo electrónico para contactar e pedir información sobre cobertura e demais condicións legais...
Correo electrónico: coberturasir@plexus.es
Páxina Web: https://coberturasir.plexus.es/

15 de setembro - Comeza o Curso Escolar 2021-2022

Comeza o curso escolar 2021-2022, aportamos a seguinte información do Acto de Presentación; para cada curso, grupo, horario e en canto ao acceso ao centro.

Calendario setembro - Curso 2021-2022

Publicamos información relativa a actividades no noso centro propias de comezo do mes de setembro...

Abre o prazo para solicitar as Bolsas MEC - Ano 2021-2022

Abre o prazo para solicitar as Bolsas MEC [Ano 2021-2022], para os alumnos de Bacharelato, Ciclos Formativos de Formación Profesional e o alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo.

O prazo comeza dende o 3 de Agosto ata o 30 de Setembro de 2021.

 

Para presentar a solicitude de xeito ON-LINE en https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html

 

Aviso: Xa se poden recoller os Vales para adquirir material escolar

 

Xa se poden recoller os Vales para a compra de Material Escolar na secretaría do noso centro.

O horario de atención ao público será de luns a venres de 10:00 a 13:00. 

 

Equipo Directivo

IES Laxeiro

Calendario de exames de setembro 2021

Publícanse nos seguintes arquivos os calendarios de exames de setembro do curso 2020-2021 no IES Laxeiro( Proximamente)

 Calendario de exames da ESO

 Calendario bacharelato e adultos

 

Despedida do curso con actividade de SURF

23/06/2021
Europe/Madrid

Despois dun ano escolar difícil puidemos desfrutar dunha actividade física no medio natural a partir dun traballo desenvolto polo alumnado de 1º de BAC e con personal docente da empresa Son do mar Surf School.

Toca vivir as vacacións. Podemos aproveitar para facer aquelas actividades que como o surf nos achegan ao medio natural a través do exercicio físico.

 

Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas - Oferta Educativa do IES Laxeiro

Xa temos imaxe renovada e vídeo explicativo sobre o Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas da Familia Profesional de Electricidade. Seguimos actualizando a Oferta Educativa do noso centro.

Podedes descargar o Tríptico Informativo!  [Ficheiro adxunto].

Ademais, contamos cun vídeo cortiño, explicativo e resumido...

 

 

Distribuir contido