Viaxe a Sotavento

Como xa ven sendo tradicional, o pasado xoves 22 de xaneiro de 2009 o alumnado de 1º de Bacharelato da modalidade  de Ciencias e Tecnoloxía visitou o parque eólico de Sotavento, situado na Serra da Loba. Nesta visita puideron afianzar os seus coñecementos de física e tecnoloxía acerca das enerxías renovables. 

A visita tivo unha duración de catro horas aproximadamente, onde se expuxo un importante contido tanto práctico coma teórico, pois os guías adaptáronse moi ben ao nivel dos escolares.

Esta actividade estivo organizada polos departamentos de Física e Química e de Tecnoloxía.