II Festival das Letras Galegas

O pasado 29 de maio tivo lugar no patio do centro o II Festival das Letras Galegas. Foi unha xornada na que participou toda a comunidade escolar do instituto con moito interés e respecto polas actuacións desenvolvidas polo alumnado.

Nestas actuacións houbo dende danzas renacentistas ata hip-hop con algunha que outra pincelada de música barroca, de canción tradicional e canción pop. Tamén contamos con grupos de percusión corporal, charanga, monólogos, demostracións de parkour e con unha exhibición de taqueos.

Como colofón ao festival púxose en marcha o proxecto "Os ciclos xeran enerxía" consistente en producir electricidade para alimentar unha emisora de radioafeccionado a través das pedaladas de tres bicicletas.

A relación de premios foi a seguinte:

CONCURSO DE CARTEIS PUBLICITARIOS

1º premio David Martín Utrera
 4º ESO B
 Accésit 1º premio  Ivelin Iliev Yacob
 3º ESO B
 2º premio  Fátima Busto González
 3º ESO B
 Accésit 2º premio  Iván LópezGonzález  3º ESO C
 3º premio  Alba Pereira Iglesias
 3º ESO C
 Accésit 3º premio  José Ángel Ayude Fernández
 4º ESO B

 


CONCURSO CREATIVO
Categoría A (1º e 2º ESO):
Modalidade Haikus:

1º premio Adrián Iglesias Medela
 1º ESO A
 2º premio  Andrea Calviño Lodeiro
 1º ESO B
 3º premio  Tamara Rivas Cajide
 2º ESO A

Categoría B (3º e 4º ESO):
Modalidade Haikus:

1º premio David Martín Utrera Iglesias
 4º ESO B

Modalidade Micro-relatos:

1º premio David Martín Utrera Iglesias
 4º ESO

PREMIOS FESTIVAL LETRAS GALEGAS

Modalidade A (Individual-Parellas):

 1º premio Alba Vázquez 3º ESO B   Canción ("Lela")
 2º premio  Pablo Castaño e Camilo Campos  4º ESO B  Parkour
 3º premio   Fátima Busto 3º ESO B Canción ("Tiña tanto que darche")
 3º premio Pedro A. Agostini 4º ESO C Cancións Instrumentais

Modalidade B (Grupos):

 1º premio O Brincadoiro particular  Parkour
 2º premio  Grupo 3º ESO C  Canon de Pachelbel
 3º premio  SixtyCentes Baile Hip-hop

Felicidades @s premiad@s, @s participantes
e a toda comunidade escolar do IES Laxeiro
pola súa colaboración e comportamento. MOITAS GRAZAS!.