Obradoiro de papiroflexia

O pasado día 4 de xuño anticipamos a celebración do día do medioambiente dunha forma moi especial. O alumnado de primeiro ciclo da ESO que forma parte do comité ambiental asistiu a un obradoiro de papiroflexia, onde coñeceron a historia de Sadako Sasaki e fixeron grúas de papel.

 

Imaxe papiroflexia grúas

 

A actividade foi organizada polo grupo da Axenda 21 escolar galega e durante a mesma falouse do significado de Sadako Sasaki e das mil grúas de papel como referentes mundiais de loita pola paz. 

O alumnado do comité ambiental leva tempo facendo papel reciclado de forma artesanal no Centro. A calidade do papel e o empeño que levan posto foron realmente magníficos. O seguinte paso vai ser facer figuras de papiroflexia empregando o seu propio papel.

Podedes ver máis fotos da actividade na seguinte ligazón da nosa galería de fotos. 

Chegarán a facer mil grúas pola paz?.