Catro alumnos de 2º ESO do IES LAXEIRO participan na OLIMPIADA MATEMÁTICA GALEGA

Os alumnos de 2ºESO do noso centro Jorge Brey Fernández, Jorge García García, Marcos Otero Vázquez e Silvia Villanueva Villanueva participaron, o pasado día 16 de abril en Santiago de Compostela, na FASE DE ZONA da XII OLIMPIADA MATEMÁTICA GALEGA.

A proba, que organiza a Asociación de Profesores de Matemáticas de Galicia (AGAPEMA), consistíu na resolución individual de cinco problemas, nos que a organización primará o método de resolución empregado, a súa orixinalidade, etc., por enriba da mera solución.

A mesma proba celebrouse á mesma hora en A Coruña, Ferrol, Ourense, Lugo, Pontevedra e Vigo, coa participación de alumnos de perto dun centenar de institutos galegos.

De todos os participantes na fase de zona, a organización seleccionará a 40 que participarán na FASE FINAL GALEGA o vindeiro dia 14 de maio en Vigo. Os tres participantes con maior destreza na resolución de problemas terán a opción de participar na XXI OLIMPIADA MATEMÁTICA NACIONAL que terá lugar en Baleares a finais de xuño de 2010.