VACA FILMS NO IES LAXEIRO

O vindeiro venres 22 de outubro, VACA FILMS,
produtora galega de cine, responsable entre outros títulos de Celda
211
, vai desenvolver  no IES
Laxeiro de Lalín un programa de achegamento e promoción do cine aos estudantes
de 2º de bacharelato.

A actividade consiste na proxección da película Retornos no instituto e unha posterior charla
sobre o filme e sobre o cine en xeral, a cargo do director, Luís Avilés e un
dos protagonistas, Xosé Mª
Oliveira "Pico".

Retornos é a
primeira longametraxe do director noiés Luís Avilés Baquero. Protagonizada por
un elenco no que destacan os galegos Xavier Estévez, María Bouzas, Xosé Manuel
Olveira "Pico" Antonio Durán "Morris" e Luís Zahera, Retornos conta a
historia de Álvaro, un home que tras fuxir de si mesmo durante 10 anos, regresa
ao seu pobo para asistir ao enterro do seu pai. Alí intentará reconciliarse co
seu irmán e recuperar á súa filla Mar, pero non será fácil. Todo se complica
cando Álvaro atopa a unha muller morta na estrada. Álvaro, que teme pola
seguridade da súa filla, comeza unha investigación nun pobo no que nada é o que
parece e todos teñen algo que esconder.

Luís Avilés foi profesor
do programa do Consorcio
Audiovisual Galego
Audiovisual
nas aulas
,
no cal participou o IES Laxeiro, polo que ten especial
interese en achegarlles aos nosos alumnos e alumnas o cine feito en Galicia. Retornos é
unha película rodada n'A Coruña, Carballo, Coristanco, Laxe, Arteixo e Noia. A
película está rodada en galego e español e o equipo técnico e artístico está
formado principalmente por galegos.