Visita á exposición: "Desentrañando os misterios do Cosmos coa Física de Astropartículas"

Os alumnos que cursan a materia de Física de 2º de Bacharelato realizaron o venres 21 de xaneiro unha visita á Facultade de Física da Universidade de Santiago para contemplar a exposición “Desentrañando os misterios do Cosmos coa Física de Astropartículas”.

 Alí, nunha visita guiada que durou algo máis dunha hora, profesores da facultade explicaron aos alumnos do IES Laxeiro cales son as principais liñas de investigación que se están desenvolver actualmente para desentrañar os misterios do Cosmos e en cales ten participación directa a Universidade de Santiago, como por exemplo a investigación de raios cósmicos e de neutrinos procedentes do espazo. Tamén visualizaron un vídeo documental sobre un proxecto que se está a desenvolver nun centro detector de raios cósmicos situado na Pampa Arxentina e no que a facultade de Santiago ten participación.