O grupo 4º ESO A acadou o 2º posto no XX RALLYE MATEMÁTICO SEN FRONTEIRAS

O alumnado de 4º ESO-A do noso centro acadou o segundo posto na edición número 20 do Rallye Matemático sen Fronteiras no que participaron uns 50 grupos de alumnos de Galicia. O día 13 de abril desprazaranse a Santiago para recibir os seus premios.
Neste concurso participaron 6 grupos de alumnos do IES LAXEIRO, 3 de 4º e outros tantos de 3º. Tiveron que resolver, en equipo e de forma conxunta,  6 problemas nunha hora.
O Rallye Matemático sen Fronteiras ten carácter internacional e nel participan alumnos de Galicia, Cataluña, Aragón, Andorra, varias rexións francesas, Madagascar e a Illa da Reunión, entre outros. O grupo gañador de Galicia, 4º ESO-A do IES de Zas, participará, xunto cos gañadores das outras comunidades, na final internacional a celebrar en Toulouse o día 1 de xuño.