Olimpíada de Bioloxía 2015


O pasado venres, día 16 de xaneiro de 2015, celebrouse a X Olimpíada de Bioloxía na Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo.


O IES Laxeiro estivo representado por catro alumnas de 2º de Bacharelato: Laura Sofía Machado, Claudia Piñeiro, Mª José Presas e Laura Suárez. Estas compañeiras tiveron a ocasión de coñecer por dentro unha Facultade, visitar laboratorios e aulas, escoitar charlas sobre ciencia e unha conferencia sobre o cine aplicado ao estudio dos ecosistemas, participar en probas e, o máis importante, confraternizar con alumnado doutros centros o que lles deixou un grato recordo.



En definitiva, unha boa experiencia que agranda máis, se cabe, o seu desexo de achegarse canto antes ao mundo universitario.