You are hereBlogues / blogue deadmin

blogue deadmin


ADMISIÓN CICLOS MEDIOS E SUPERIORES 2022/2023

Presentación de solicitudes dende o 23 de xuño ata o 5 de xullo ás 13:00h. A solicitude faise na aplicación     Ciclosadmision     (activa só no prazo de presentación de solicitudes). Para alumnado de 1º curso.

O solicitante debe comprobar se ten que entregar a solicitude nun centro con oferta de FP ou se xa está entregada online. (O documento xustificante da solicitude que xera a aplicación ao rematar  indica se hai que entregalo ou non)

 

Máis información do proceso de admisión para ciclos medios e superiores en:

 Info admisión ciclos medios e superiores

 

 

 

 

ADMISIÓN FP BÁSICA 2022/2023

Presentación de solicitudes: dende o 27 de xuño ata o 6 de xullo ás 13:00 h (No centro onde se está estudando neste curso)

 

O alumnado desescolarizado ten que presentar solicitude no mesmo prazo pero no centro que elixa como 1ª opción na solicitude

Plan Proxecta no IES Montecelo

O Plan Proxecta sobre Educación sexual no IES Montecelo

Durante o curso 2021/2022 o alumnado da FP Básica estivo traballando co programa Quérote+, promovido polo Departamento de Comunicación e Sociedade.

As profesoras desenvolveron as actividades do programa sobre Educación sexual ao longo do curso, e visitou o centro, a sexóloga Bárbara Penas no mes de abril.

O grupo de peiteado e estética, volcou as actividades realizadas no blog Peiteando a diversidade que podedes consultar no seguinte enlace:  Peiteando diversidade

OFERTA DE TRABALLO DESEÑADOR GRÁFICO

Dispoñibles dúas ofertas de traballo para deseñadores gráficos.

 

Alumnado recén titulado ou exalumnado interesado nas ofertas contactar co centro no télf. 986850261 ou enviar CV a ies.montecelo@edu.xunta.gal co asunto Oferta deseñador gráfico.

PRESENTACIÓN PROBAS LIBRES

A xornada de acollida para as probas libres do curso 2021/22 será o 6 de xuño ás 12:05h.

O alumnado matriculado nas probas libres deberá presentarse á xornada de acollida para ter dereito á realización das probas.

PROGRAMACIÓNS PROBAS LIBRES 2022

Nos arquivos adxuntos podedes atopar as programacións das probas libres de 2022

OFERTA MOBILIDADE PRACTICUM DEPO CONVOCATORIA 2021

Ofértase unha mobilidade KA122 para persoal (Jobshadowing) do Consorcio PracticumDepo

 

Calendario de actuación:

Listaxe provisional solicitantes Erasmus+ 2021

Publicación da listaxe provisional de solicitantes de bolsa Erasmus+ 2021

 

Listaxe provisional CM