You are hereEmprendemento

Emprendemento


OBRADOIRO DE EMPRENDEMENTO

Obradoiro sobre xeración de ideas emprendedoras

No marco do programa “Aulas de emprendemento” , os días 3, 4 e 5 de outubro, os alumnos e alumnas de segundo curso dos ciclos formativos do centro, puxeron en marcha a súa iniciativa e creatividade no “Obradoiro de xeración de ideas emprendedoras: desenvolve unha idea de negocio innovadora” impartido pola altofalante Raquel Pedrouso.

 

PROGRAMA EDUEMPRENDE-ACTÚA

Como en anos anteriores, o alumnado do segundo curso do ciclo de grao medio de Preimpresión dixital e do grao superior de Anatomía patolóxica e citodiagnóstico, participou no programa Eduemprende-Actúa, nesta ocasión da man da relatora Fátima Rodríguez, socia da consultora PROMOVE.

Eduemprende Idea 2020 premia dous proxectos do noso alumnado

Parabéns ao noso alumando premiado na edición 2020 do concurso Eduemprende Idea!

Alba Meis, alumna do Ciclo superior de Deseño e xestión da produción gráfica, acadou o 1º premio na categoría de ciclos superiores co seu proxecto Fulmar; e José Carlos Rodríguez, Andrea Abal e Julián Sevilla, alumnado do ciclo medio de Farmacia e parafarmacia,  acadaron o 3º premio na categoría de ciclos medios co seu proxecto Camiñando.

A idea do proxecto empresarial Fulmar busca a disminución do lixo nos océanos coa fabricación de sacos de algodón 100% ecolóxicos e biodegradables para substituir os sacos de plástico empregados na actualidade polos/as mariñeiros/as.

“Camiñando” é un proxecto moi ligado á realización do Camiño de Santiago. A idea consiste en montar e comercializar un kit cos produtos sanitarios necesarios para o coidado persoal dos peregrinos. O factor diferenciador deste proxecto ven dado polo seu recipiente: unha cabaza, produto con valor simbólico e identificativo do camiño, que os viaxeiros poderán gardar como recordo da experiencia vivida.

Felicidades!

                                                            

1° premio na categoría de ciclos medios no programa Depoemprende na FP

Hoxe os nosos alumnos José Carlos Rodríguez,  Andrea Abal e Julián Sevilla, estudantes do ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia, recibiron o primeiro premio na categoría "ciclo medio" do programa Depoemprende na FP co seu proxecto "Camiñando". Parabéns!

II Feira de emprendemento

Un kit de primeiros auxilios cun envase peculiar, empresas de vending  implicadas na reciclaxe,   parafarmacias que ofrecen novos servizos, modelos anatómicos distintos, terapias dirixidas a determinados colectivos, negocios baseados na utilización de apps  son algunhas das ideas emprendedoras que mostraron os alumnos e alumnas  do ciclo de  grao superior de Anatomía  Patolóxica e  Citodiagnóstico e  do ciclo de  grao medio de Farmacia e  Parafarmacia, durante a celebración da “II  Feira de  emprendemento” celebrada  no noso centro os días 17, 18 e 19 de  febreiro de 2020.

Parabéns polas ideas e moitas grazas pola vosa participación.

CHARLA DE COOPERATIVISMO E ECONOMÍA SOCIAL

O xoves 23 de xaneiro,  o alumnado do segundo curso do ciclo de anatomía patológxica e citodiagnóstico, partipou nunha sesión impartida por Teresa Balado, técnica da Unión de Cooperativas  Galegas ESPAZOCOOP,   sobre  as posibilidades que ofrece o  cooperativismo e a Economía social como forma de emprendemento.

2º premio Eduemprende Idea: "Luscofusco. The Braille's T-Shirts"

Dúas alumnas do noso centro, Thalía Diego Martínez e Iria García Viñas, co seu proxecto “Luscofusco S.L.” obtiveron o segundo premio na modalidade B do concurso Eduemprende Idea 2019.

O traballo presentado, consiste na creación dunha empresa dedicada ao deseño, fabricación e venda de camisetas  utilizando vinilo téxtil con diferentes texturas e relevos que permitan que persoas con discapacidades visuais, poidan elixir pezas do estilo co que máis se identifiquen sen depender dun terceiro, ademais cada produto leva unha etiqueta en linguaxe braille e en alfabeto común.

Falando de ideas emprendedoras

O luns 3 de decembro, o alumnado do módulo de EIE asistiu á segunda charla sobre emprendemento ofrecida pola UPTA (Unión de  profesionais e traballadores autónomos). Nesta ocasión, o ponente Jesús Manuel Dieguez Méndez comentou cos alumnos e alumnas as súas ideas para desenvolver os proxectos de empresa que deben realizar no módulo de Empresa e Iniciativa Emprendedora.