You are hereProgramas europeos
Programas europeos
Listaxes provisionais dos programas europeos
Publicadas as listaxes provisionais do alumnado solicitante de Programas Europeos
Convocatoria dos programas de mobilidade 2016-2017
Es alumno/a do IES Montecelo de Ciclo de Grao Superior e gustaríache participar nunha mobilidade Erasmus+ para prácticas durante a FCT en abril de 2017? Ou o teu caso e que es alumno/a do Ciclo Medio e estás interesado en facer unha mobilidade o rematar os teus estudos neste centro educativo.
Nese caso deberás inscribirte no proceso de selección, o prazo estará aberto dende o venres 14 de novembro ata o mércores 18 de novembro, ambos incluídos. Podes cumprimentar a túa solicitude que atoparás nesta páxina web na sección de programas europeos e logo a achegas a dirección email: erasmusiesmontecelo@gmail.com o a podes entregar persoalmente a Coordinadora de programas Europeos
Ten en conta que no Programa da convocatoria (na sección de programas europeos), recóllese toda información relativa a esta convocatoria, así como a data dunha charla informativa onde se indicarán os requisitos, bases de participación e criterios de selección.
Anímate e participa!
Cinco alumnos inician o programa Erasmus+ en Italia
Cinco alumnos del IES Montecelo inician en Italia sus prácticas Erasmus + (Faro de Vigo, 4 de outubro de 2016)
Entrega de diplomas Practicum Depo
Víctor Mariño e Pedro Crespo recolleron o diploma da súa participación no Practicum Depo. Ambos amosaron o seu entusiasmo ao regresar da experiencia de realizar as prácticas no estranxeiro, concretamente en Italia.
Novas prazas para realizar prácticas no estranxeiro
A través do programa Praxeuropa, o centro conta coa posibilidade de ofertar un número limitado de prazas para realizar prácticas no estranxeiro entre os meses de xullo e setembro (por un total de 70 días). As prazas están destinadas a recén titulados no curso 15-16 do ciclo superior de Produccion en industrias de artes gráficas e do ciclo superior de Anatomía patolóxica e citoloxía.
As persoas interesadas poden contactar coa coordinadora de programas europeos no propio cento ou a través do correo electrónico: erasmusiesmontecelo@gmail.com
De prácticas a Italia e Malta. Artigo da Voz de Galicia
De prácticas a Italia e Malta. Artigo da Voz de Galicia do 1 de abril de 2016.
Tres alumnas realizarán prácticas en Italia e Malta
Tres estudantes do ciclo superior de produción en industrias de artes gráficas partirán o 1 de abril rumbo a Italia e Malta para realizar as prácticas profesionais. Lara Crespo e Andrea Buenachese desprazaranse á cidade de Reggio Emilia e Parma, respectivamente, e Alba Vilachán viaxará a Malta. Nestes países terán a oportunidade de desenvolverse profesional en compañías do sector gráfico que prestan servizos de serigrafía, preimpresión, impresión offset e impresión dixital de pequeno e gran formato. Esta experiencia enmárcase dentro do proxecto Erasmus +, no que o IES Montecelo participa con mobilidades propias e colaborando co Consorcio Praxeuropa promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Desfrutade moitísimo desta experiencia, Lara, Andrea e Alba!
|
Convocatoria do programa de mobilidade 2015-2016
- Convocatoria programa mobilidade ERASMUS 2015-16
- Bases de selección de candidatos
- Criterios de selección de candidatos
- Modelo solicitude mobilidade alumnado ciclo superior
- Modelo solicitude mobilidade alumnado ciclo medio
Proba de italiano: O venres 20 de novembro de 11:30 a 13:10 horas.
Proba de inglés: O mércores 25 de novembro de 11:30 a 13:10 horas.
Anímate a participar nos programas de mobilidade!
Es alumno/a de Ciclo de Grao Superior? Gustaríache participar nunha mobilidade Erasmus+ para facer as prácticas FCT a partir de abril de 2016 nun país da Unión Europea?
Es alumno/a do Ciclo Medio? Estás interesado en facer unha mobilidade a un país da Unión Europea ao rematar os teus estudos neste centro educativo?
Nese caso, inscríbete no proceso de selección! O prazo estará aberto do venres 13 de novembro ao mércores 18 de novembro, ambos incluídos.
No apartado "Programas europeos" desta web atoparás o formulario de solicitude, información sobre a convocatoria e a data dunha charla informativa. Envía a solicitude a erasmusiesmontecelo@gmail.com ou entrégaa persoalmente a Coordinadora de programas Europeos.
Anímate e participa!