Skip to Content

Innovación

 

Ante os continuos avances no campo da tecnoloxía e da innovación e a súa aplicación nos distintos ámbitos tanto económicos como sociales, a formación profesional en xeral, e o IES Monte Neme a través da súa oferta formativa en particular, deberán conseguir que a transmisión do coñecemento nestas dúas áreas supoña unha formación de calidade, de xeito que vexan mellorada a súa empregabilidade e as súas posibilidades de proxección e inserción profesional.

 

Un grupo de profesorado do centro educativo mediante o seu traballo e a sús colaboración ao longo destes anos, tratou de plasmar cunha serie de proxectos a inquietude e o interese pola  innovación nos distintos campos da ciencia e da tecnoloxía. Froito deste traballo e da preocupación pola transmisión e difusión do coñecemento ao alumnado, xurden os nosos proxectos premiados nas convocatoria de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional, e Innovación Educativa convoca anualmente.

 

ACTUALIDADE



panel | by Dr. Radut