CICLO

Alumnos do ciclo formativo

O IES de Monterroso participa no programa Erasmus+

 

O IES de Monterroso ven de unirse ao Consorcio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no proxecto Europa. Next Station: Improving Professional Skills in Galicia (Tipo KA102) para que as/os nosas/os estudantes e docentes de Ciclos Formativos, tanto da FP Básica de Informática de Oficina como do Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes poidan realizar prácticas no estranxeiro.

 

 

Proxecto "Break Arcade"

Durante as últimas semanas, alumnos do Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes desenvolveron unha máquina recreativa arcade para que todos os membros do instituto poidan xogar durante os recreos a algúns dos videoxogos máis populares e tradicionais das máquinas recreativas.

 

Os alumnos desenvolveron a máquina desde cero, empregando compoñentes de ordenadores do noso taller. Aplicaron os coñecementos adquiridos nos diferentes módulos do ciclo para montar os compoñentes, instalar o software necesario e deseñar a apariencia da máquina. Tamén aprenderon a conectar a máquina por rede para poder controlala de forma remota.

 

Datas de avaliación extraordinaria e final de ciclos formativos para o curso 2021/2022

Faise público o calendario de exames para FPB e Ciclo Medio do curso 2021/2022, con datas de exames, entrega de boletíns e datas de reclamación.

Monólogo de Caxoto sobre igualdade e micromachismos

O martes 23 de novembro, disfrutamos do Monólogo de Caxoto "Micromachista eu?" no IES de Monterroso. Empregando diversos contos tratou o tema dos micromachismos. Agradecemos ao Concello de Monterroso por axudar económicamente coa actividade.

Caxoto 2021 Caxoto 2021

 

Iniciación á robótica e impresión 3D

Codeweek

Do 13 ao 19 de outubro tivo lugar no IES de Monterroso, nos grupos de 1º de Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes e 2º de FP Básica de Informática de Oficina, a actividade Codeweek.

Actividade integrada na iniciativa europea #CodeWeek (9 a 24 outubro de 2021) a semana europea da programación, na que tentamos achegar o pensamento computacional para a resolución de problemas mediante a realización dun proxecto de robótica básico e aplicación práctica da impresión 3D.


As/Os estudantes realizaron un proxecto paso a paso (desde a lóxica ata a implementación) para construir unha barreira activada mediante sensores de presenza empregando ARDUINO, actuadores e sensores.

A impresión de certos elementos coa impresora 3D permitu aos estudantes coñecer esta tecnoloxía e o seu emprego práctico.

https://codeweek.eu/view/375212/iniciacion-a-la-robotica-y-3d
https://codeweek.eu/

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior 2013 - ACTUALIZADO

O departamento de Orientación achégavos información sobre as probas de acceso os ciclos formativos de grao medio (para o alumnado de ESO) ou grado superior (para o alumnado de BAC) para o ano 2013.

ACTUALIZADO: Engadidos ficheiros con información xeral e instruccións para a realización das probas, e como chegar ó centro no que terán lugar as probas o 25 de Abril: IES MurallaRomana.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior2013: Instruccións para a realización das probas

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior 2013: Como chegar o IES Muralla

O espíritu emprendedor

O día 19 de marzo estivo con nós José Luis Garza, propietario da empresa afincada en Sarria "Vida Láctea". Unha proposta innovadora que non deixou indiferente a ninguén. Ocio, cultura, natureza e deporte de risco no Camiño de Santiago.

Fomento do espíritu emprendedor e empresarial

O pasado mércores tivo lugar no Salón de Actos do IES de Monterroso a charla "Fomento do espíritu emprendedor e empresarial".

2º Campionato Galego da Formación Profesional, GALICIASKILLS 2012

Aberto o prazo de inscripción para o 2º CAMPIONATO GALEGO DA FORMACIÓN PROFESIONAL, GALICIASKILLS 2012

Distribuir contido