O centro
Familias
Iniciar sesión
Blogues
Escola de familias 2023-24
admin — Mar, 2024-03-05 11:34
Neste mes de marzo desenvolveremos a III Edición da Escola de familias do IES de Mos.
Adxuntamos o cartel cos horarios das charlas, invitando a toda a Comunidade Educativa de Mos. Agardamos de que sexa do voso interese.
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior
admin — Lun, 2024-01-15 20:51
Premendo na seguinte ligazón pódense consultar as datas para a realización das probas de acceso aos graos formativos de ciclo medio e superior, así como tamén a propia orde de convocatoria.
Calendario exames materias pendentes 1ª avaliación
admin — Mér, 2023-10-11 10:34
No seguinte documento adxunto podedes consultar os exames previstos nesta 1ª avaliación para aqueles alumnos que teñan materias pendentes doutros cursos.
AXUDAS MUNICIPAIS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
admin — Lun, 2023-09-11 19:27
Adxuntamos a convocatoria das axudas municipais para material escolar e libros
Bo verán!
admin — Mér, 2023-08-02 09:44
Estimada comunidade do IES de Mos:
Chegou o momento de despedirse, pero só por un breve tempo. Estamos moi orgullosos de todos vós e do esforzo que mostrastes durante este curso académico. Grazas pola vosa dedicación e paixón por aprender.
Mentres, queremos informarvos de que o instituto está en proceso de melloras e reformas. Emocionante, non? Afortunadamente, está previsto que as obras estean rematadas antes de comezar as clases.
E o que nos enche de alegría é anunciar que xa está rematado un magnífico mural creado polos talentosos alumnos de Artes. É unha fermosa obra mostra da súa creatividade e talento!
Así que, mentres gozades das merecidas vacacións, convidámosvos a que volvades en setembro cunha ilusión renovada e coa mesma paixón por aprender que sempre vos caracterizou. Ata pronto!
Con cariño,
O equipo do IES de Mos
DOCUMENTACIÓN PREMATRÍCULA ABAU CONVOCATORIA ORDINARIA E INSTRUCIÓNS NERTA
admin — Mér, 2023-05-17 12:06
Nos adxuntos está a documentación que tedes que cubrir e entregar na secretaría do centro. Tamén as instrucións da aplicación NERTA.
PREMATRÍCULA ABAU
admin — Lun, 2023-05-15 10:18
Entre o xoves 18 e o luns 22 de maio, o alumnado de 2º bacharelato deberá prematricularse nas probas ABAU na secretaría do instituto. Tedes a información sobre a documentación que tedes que traer no documento adxunto.