O centro
Familias
Iniciar sesión
Deixando o listón ben alto!
admin — Lun, 2024-04-22 23:19
Na edición de FORMAMOS 2024, o IES de Mos participou cun stand onde o alumnado de FP Básica explicou aos asistentes como é a nosa oferta educativa e a vida no noso centro. Ademais, fixemos dúas actividades distintas para que a xente coñeza como traballamos no centro.
-
Por un lado, a rapazada de 2º ESO A (Fabiola, Sabela, Xoel, Alberto, Xiana, Kevin e Nuria), fixeron dúas entrevistas de radio á mulleres políticas da nosa contorna. Nidia Arévalo e Sara Samartín falaron sobre aspectos tan interesantes como o seu compromiso político ou o día a día dunha muller política nun concello como Mos. Non deixedes de escoitar estas interesantísimas entrevistas a Nidia e a Sara!
Por outro, as alumnas de 1º BACH (Ariadna, Uxía, Raquel, Icía e Noelia) fixeron en directo prácticas de disección, amosando algunha das tarefas feitas na materia de Anatomía Aplicada.
-
-
Moitas grazas á rapazada polo seu traballo, e a Nidia e Sara polo seu entusiasmo e gañas de colaborar.
-