O centro
Familias
Iniciar sesión
Matrícula para o curso 2024-2025
admin — Lun, 2024-05-13 11:51
Xa estamos a preparar o vindeiro curso 2024-2025.
A documentación que hai que entregar no noso centro é a seguinte:
DOCUMENTACIÓN PRECISA PARA A MATRÍCULA NO IES DE MOS
Para todo o alumnado:
1.- Sentenza ou convenio regulador, no caso de separación ou divorcio.
2.- Informe médico (no caso de que a/o alumna/o se atope nalgunha situación que deba ser comunicada ao centro: enfermidades crónicas ou situación de sittuación médica análoga.
3.- Documento da recollida de datos (para todo o alumnado novo ou para aquelas familias que detecten algún cambio nos datos dos que xa dispomos)
Para alumnado de nova incorporación procedente de Centros Adscritos:
1.- Impreso de matrícula
2.- Impreso do transporte escolar (se o precisan).
3.- Unha fotografía actualizada tamaño carnet (co nome, apelidos e cuso para o que vai no dorso).
4.- Fotocopia do DNI da/o alumna/o.
5.- Fotocopia da tarxeta sanitaria da/o alumna/o.
6.- Fotocopia do DNI da nai, pai, titora/titor legal da alumna/o.
7.- Impreso de autorización para o uso de imaxes polo centro educativo (Voluntario)
8.- SÓ PARA O ALUMNADO DE 3º ESO, 4º ESO, 1º BACHARELATO, 2º BACHARELATO:
Xustificante de pago do seguro escolar. Deben pagar 1.12 euros en ABANCA, no número de conta: ES94 2080 5092 0330 4002 6078 a favor do IES de Mos e co nome e apelidos do alumno/a.
9.- Impreso da ANPA cuberto co xustificante de pago (Voluntario).
Para alumnado de nova incorporación procedente de Centros NON Adscritos:
1.- Un certificado de estudos.
2.- Un certificaco ou volante de empadroamento.
Para o alumnado que xa está no centro:
1.- Impreso de matrícula (somentes se cambian as súas optativas con respecto ao documento xa entregado).
2.- Impreso de transporte escolar.
3.- Unha fotografía actualizada tamaño carnet (co nome, apelidos e cuso para o que vai no dorso).
4.- SÓ PARA O ALUMNADO DE 3º ESO, 4º ESO, 1º BACHARELATO, 2º BACHARELATO:
Xustificante de pago do seguro escolar. Deben pagar 1.12 euros en ABANCA, no número de conta: ES94 2080 5092 0330 4002 6078 a favor do IES de Mos e co nome e apelidos do alumno/a.
5.- Impreso de autorización para o uso de imaxes polo centro educativo (Voluntario)
6.- Impreso da ANPA cuberto co xustificante de pago (Voluntario).
As datas para forrmalizar a matrícula son:
Nivel educativo para o que se vai matricular |
Datas |
2º Bacharelato |
24 e 25 xuño |
1º Bacharelato |
25 e 26 xuño |
4º ESO |
26 e 27 xuño |
3º ESO |
27 e 28 xuño |
2º ESO |
3 e 4 xullo |
1º ESO |
4 e 5 xullo |
FP básica |
Aínda sen datos |
AVISOS:
- Toda esta documentación está dispoñible nesta web no apartado Admisión e matrícula
- Se non hai cambios na selección de materias con respecto á prematrícula: NON entregar a folla da matrícula.
- O horario de atención ao público será de 09:00 ás 14:00