Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

FINALISTAS NO OLLOBOI 2015

     Dúas curtametraxes do noso instituto conseguiron meterse na final do festival Olloboi 2015, no que competían con outros 150 traballos de toda Galicia.

COMEZO DO CAMPIONATO DE XADREZ NO IES Nº1

Onte, xoves 21, tivo lugar a primeira xornada do campionato de xadrez rápido que se está a desenvolver no noso centro.

O vindeiro xoves, día 28 coñeceremos aos gañadores. Sorte a todos os participantes!!!

O CADÁVER EXQUISITO DO IES Nº1

Como cada ano, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas,o Equipo de Normalización Lingüística e o Equipo da Biblioteca elaboramos un relato colectivo no que participa todo o alumnado.

Podedes ver o resultado nos corredores do centro.

CAMPIONATO DE XADREZ NO IES Nº1

Os vindeiros xoves, 21 e 28 de maio, celebrarase no noso centro un campionato de xadrez na modalidade de xadrez rápido ao que estades invitados a participar.

Só é necesario inscribirse na secretaría do IES Nº1. Non é necesario ser alumno/a do IES Nº1.

Tedes máis información no arquivo adxunto.

Animádevos!!

DERRADEIRA CITA DO CLUB DE LECTURA: 26 DE MAIO

Xa só nos queda unha xuntanza e será o dia 26 de maio para comentar Dime algo sucio de Diego Ameixeiras.

Hoxe reunímonos para falar de El baile e das nosas lecturas favoritas.

Agardámosvos o día 26 para despedir o curso, non faltedes!!

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO "FLOR DE PRIMAVERA NO NÚMERO UN"

Parabéns aos premiad@s e feliz Día do libro!!

 

IV FESTIVAL AUDIOVISUAL

IV FESTIVAL AUDIOVISUAL

RADIOGRAFÍA LECTORA DO IES Nº1

Para celebrar o Día do libro no noso centro, fixemos unha Radiografía lectora aos membros da nosa comunidade educativa. Este é o resultado, agardamos que vos guste.

Moitas grazas a tod@s os que colaborastes co Equipo da Biblioteca neste proxecto!!

PREMIADOS NO CONCURSO "FLOR DE PRIMAVERA NO NÚMERO UN"

Xa temos o veredicto do xurado. Os gañadores recibirán 25€ e unha flor, as mencións especiais recibirán unha flor.

A entrega de premios será o día 23 no recreo, no salón de actos.

Parabéns aos gañadores e grazas a todos por participar!!

Podedes ver as poesías seleccionadas no arquivo adxunto.

APARTADO 1º CICLO DA ESO:

EDUARDO GALEANO.

O escritor uruguaio Eduardo Galeano deixounos o pasado 13 de abril. Pensamos que a mellor homenaxe que se lle pode facer é revisar a súa obra. Telesur ofrece algúns dos seus libros, de forma gratuíta, en pdf.

Tamén podedes collelos na biblioteca e, recordade, se non tedes e-book, nós tamén os prestamos!!

 

Distribuir contido


FSE

convivencia

Plambe

CUALE

by Dr. Radut