Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

Probas Extraordinarias da ESA/PCPI

¡¡ Que vén... que vén !!

MALOS TEMPOS PARA A LÍRICA? NON!

Polo menos iso é o que pensamos no equipo da Biblioteca, así que creamos tres recunchos no noso centro dedicados á poesía.

Hai un en cada andar, búscaos!!

CONCURSO DE POESÍA: FLOR DE PRIMAVERA NO NÚMERO UN

Co gallo da celebración do Día do Libro o vindeiro 23 de abril, a biblioteca do IES Nº1 convoca un concurso de poesía vinculado á primavera.

No seguinte enlace podedes atopar as bases. Tedes ata o 15 de abril para presentar os vosos poemas.

Animádevos a participar!!

SOMOS BEN CURIOSOS da TVG

A semana pasada recibimos o programa da TVG Somos ben curiosos. Aqueles de vós que vistes o programa puidestes ver unha entrevista á nosa orientadora, Mª Angeles. Se o perdiches e queres velo telo no seguinte enlace: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/o-futuro , está a partir do minuto 45:42 ata o 52 aproximadamente

 

 

SEXTA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA. 28 DE ABRIL

Comentaremos o libro EL BAILE de Irène Némirovsky.

Non faltedes!!

VISITA DE BERTA DÁVILA

Berta Dávila visitou hoxe o noso Club de lectura para falar da súa última novela O derradeiro libro de Emma Olsen.

O equipo da biblioteca quere agradecer a Encarna Pego a súa axuda na xestión desta actividade.

PARABÉNS MELINA!!!!

   

A alumna de 1º A de Bach Melina Santamaría Parada viu un dos seus microrrelatos seleccionados para formar parte dunha Antoloxía que se titulará Pluma, tinta y papel, nome homónimo do III Concurso de microrrelatos de temática libre organizado por Diversidad literaria.
Dende o centro, a nosa noraboa.
Se alguén estivese interesado/a en adquirir a antoloxía, o enlace é o seguinte:
http://www.diversidadliteraria.com/

TALLER DE ESCRITURA

Deu comezo o taller de escritura que organiza a Biblioteca e o Equipo de Normalización Lingüística e que dirixe o escritor Xabier López. Está dirixido ao alumnado de 1º bacharelato e ao finalizar publicaremos unha escolma do seu traballo.

QUINTA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA: BERTA DÁVILA

O vindeiro 10 de marzo contaremos con Berta Dávila para falar con ela do seu libro: O derradeiro libro de Emma Olsen

Non faltedes!!!

Distribuir contido


FSE

convivencia

Plambe

CUALE

by Dr. Radut