Video gravado por estudantes de 3º da ESO do IES Nº 1 de RIBEIRA (A CORUÑA), GALICIA, ESPAÑA, explicando, con experimentos de laboratorio, as consecuencias do cambio climático e o quecemento global, para concienciarnos a todos.
Co noso agradecimiento aos profesores:
Mercés Rodríguez Ruibal e Javier Casatmijana Barrios.
Onte pola mañá tivo lugar o primeiro obradoiro de figuras de area na praia de Coroso. Tivemos os nosos problemas de compactación de areas e falláronnos os pulverizadores. Pero as tres horas que pasamos na praia a pesar da calor foron moi agradables. Non será a última vez que saiamos.
"Xa temos as fotos da fotografía matemática (as puntuacións serán expostas o xoves). Agora estamos na fase dous "Pista a pista".A participación é excepcional. Parabéns a tod@s os participantes e moita sorte".
Relación de alumnos gañadores do noso Centro: Jorge González Mariño, Candela Fernández Falque e Simón Fernández Falque. Noraboa a todos os premiados e a todos os participantes.
Un grupo de noso instituto encabeza a clasificación deste concurso no nivel de 4º da ESO e un grupo de 1º de Bacharelato vai terceiro. Podes seguir toda a información no seguinte enlace. Noraboa e sorte!!