Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

blogue de admin

SERVIZO DE MEDIACIÓN DO IES NÚMERO 1 DE RIBEIRA

 

 

 

PROCLAMACIÓN DE CANDIDATURAS AO CONSELLO ESCOLAR

Na reunión da Xunta Electoral do 15 de novembro de 2022 foron proclamadas as seguintes candidaturas:

a) Profesorado:

1.- Alejandro Amor Carreira

2.- Mª Teresa Castro Bustelo

3.- Sonia Silva Piñeiro

b) Alumnado:

1.- Aida González Cañestro (1º ESO A)

2.- Ainoa González Cañestro (1º ESO A)

3.- Alba Lustre Fariña (2º ESO A)

c) Persoal de Administración e Servizos

1.- Enrique García Vila

Ábrese un prazo de dous días para presentar reclamacións á lista de candidaturas.

Convocatoria de eleccións ao Consello Escolar e publicación dos censos

Convócanse as eleccións para a renovación do Consello Escolar. Nos documentos adxuntos pode accederse á convocatoria correspondente a cada sector: persoal de administración e servizos, profesorado e alumnado. O sector das familias renovouse por completo o ano pasado, polo que non corresponde facer unha renovación parcial.

FORMACIÓN "EDUCAR NA DIVERSIDADE"

Coa participación de docentes de oito centros educativos do Concello de Ribeira, comezou a formación "Educar na Diversidade", coa finalidade de aprender a previr o acoso escolar e a LGTBI fobia.

Consello Escolar. Data do sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral

No mes de novembro hai que facer a renovación parcial do Consello Escolar, para o que está previsto celebrar eleccións entre o 23 e o 29 de novembro, seguindo o calendario establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022, DOG do 30 de setembro.

O primeiro paso do proceso é constitución da Xunta Electoral. Para iso, o vindeiro mércores de 2 de novembro ás 11:30h haberá no salón de actos un sorteo público para designar a varios dos seus membros (un profesor ou profesora, un pai/nai/titor/a legal, un representante do PAS, un alumno/a).

CAMIÑO DE SANTIAGO

Esta semana alumnado de 4º da ESO acompañado polos profes Sonia Silva, Óscar Permuy e Montse Vázquez, percorreron parte do Camiño de Santiago. Comezaron en Sarria, e pasando por Portomarín, Palas De Rei, Arzúa e O Pedrouzo, acadaron a meta: chegar a Santiago de Compostela.

Deixámovos unha pequena escolma de fotos do ben que o pasaron nesta experiencia no seguinte vídeo.

PRESENTACIÓNS ENSINO DE ADULTOS - CURSO 2022-2023

Módulo 3 de ESA: Mércores 14 de setembro ás 16:30 horas.

1º de Bacharelato: Xoves 15 de setembro ás 16:30 horas.

2º de Bacharelato: Xoves 15 de setembro ás 18:30 horas.

PRESENTACIÓNS CURSO 2022/2023

Os vindeiros xoves 8 e venres 9 de setembro faremos as presentacións do curso actual.

Estas son as horas de cada curso:

XOVES 8 DE SETEMBRO

10:00 horas: 1º da ESO

11:00 horas: 2º da ESO

12:00 horas: 3º da ESO

 

VENRES 9 DE SETEMBRO

10:00 horas: 4º da ESO

11:00 horas: 1º bacharelato A e B

11:30 horas: 1º bacharelato C e D

12:00 horas: 2º de bacharelato

 

MATRÍCULA ENSINO DE ADULTOS - PRAZO EXTRAORDINARIO

Módulo 3 da ESA: do 1  ao 8 de setembro.

Bacharelato: do 1 ao 20 de setembro.

Distribuir contido


FSE

convivencia

Plambe

CUALE

by Dr. Radut