Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

TRABALLO EN EQUIPO

O alumnado de 4º PDC , coa axuda da súa titora (Pura Prado) e doutro profesor ao que pediran colaboración (Olegario Sampedro), pintou dúas paredes da súa aula. Este xesto, aparentemente sen importancia, ten varias consecuencias manifestamente positivas; a máis evidente, una mellora das condicións da aula, creación dun ambiente máis agradable na mesma e, o máis importante, a colaboración de todos con todos á hora de traballar e decidir (cor da pintura, decoración posterior...).

O material foi facilitado pola dirección, logo dun exercicio de presentación dunha instancia de modo formal, realizado por este mesmo alumnado.

Grazas a todas as persoas implicadas nesta actividade que contribúe, sen dúbida, a unha mellor convivencia na aula.

 

AdxuntoTamaño
actividade_de_aula_4_pdc.mp437.06 MB


FSE

convivencia

Plambe

CUALE

blog | by Dr. Radut