Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2024-2025

 

Proceso de admisión

O prazo oficial de solicitude de admisión para o alumnado novo é entre o 1 e o 20 de marzo, ambos incluídos. 

 O alumnado matriculado no noso centro, IES Nº1 de Ribeira, ten garantizada a súa permanencia nel, contado con reserva de praza para o vindeiro curso 2024-2025, polo que non terá que facer ningún trámite ata o momento da matrícula.

 

O prazo para solicitar praza noutro centro educativo (ESO-BAC) abrangue dende o 1 ao 20 de marzo. Esta solicitude pódese facer sen prexuízo da garantía de permanencia neste centro. Este alumnado perderá o dereito de permanencia no IES Nº 1 de Ribeira no momento que figure na listaxe definitiva de alumnado admitido do novo centro.

 O procedemento de entrega da solicitude de admisión para o curso 2024-2025 farase preferentemente a través plataforma eléctrónica AdmisiónSede electrónica. Opcionalmente poderá facerse na secretaría do centro.

 

 Admisión do 1 ao 20 de marzo de 2024

 

 Nota informativa

Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

Solicitudes 2024 -2025

Todas as solicitudes presentadas resultaron admitidas. As listas pódense consultar:

  • A través da aplicación admisionalumnado

  •  No taboleiro da secretaría do centro

 

 



FSE

convivencia

Plambe

CUALE

blog | by Dr. Radut