Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

CONSUME FROITA NA CAFETERÍA!

Consumo de froita na cafetería

A nosa cafetería, dentro do Contrato Programa CP-Innova (EDUsaúde), pon á venda mandarinas e mazás a prezos moi asequibles para toda a comunidade educativa do instituto. Animádevos a consumir froita!

FORMACIÓN EN COCIÑA E CATERING

 
 
 

Visita de alumnado de ESA a FP Innova

O alumnado de ESA do noso IES asistiu a tarde do mércores 23 de abril, xunto coa orientadora, Lucía Reiriz, ao FP Innova 2024 (Congreso de Innovación na Formación Profesional), na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

3º TRIMESTRE DOS CLUBS DE LECTURA

Clubs de lectura

Os Clubs de Lectura estamos a punto de despedir o curso, pero queremos facelo por todo o alto. Fixádevos nas lecturas tan interesantes que propoñemos!! Ata temos unha visita moi especial, a ver se adiviñades quen é.
 

PROBAS EXTRAORDINARIAS MÓDULO 3 DE ESA (1º cuadrimestre)

Todas as probas terán lugar na aula 110 co seguinte horario:

Mércores 8 de maio

- Ámbito Científico-tecnolóxico, de 16:00 a 17:30 h.

- Ámbito Social, de 17:40 a 19:10 h.

Xoves 9 de maio

- Ámbito de Comunicación - Inglés, de 16:00 a 17:30 h.

- Ámbito de Comunicación - L. Galega e L. Castelá, de 17:40 a 19:10 h.

Gañadores do Concurso de Carteis da Semana Cultural

O xoves 18 de Abril realizouse a entrega de premios do Concurso de Carteis da Semana Cultural. A gañadora foi Sira Ayaso Parada de 3º da ESO. O segundo premio foi para Pedro Romero Agraso de 4º da ESO. 

 

 

CARTEL GAÑADOR:

Xornada de formación ACAE

Membros do noso centro participaron o pasado mércores 17 de Abril na xornada de formación para os equipos ACAE (acción contra o acoso escolar).

 

PROGRAMACIÓN DE CURSOS DENTRO DA REDE DE CAPACITACIÓN DIXITAL

Programación rede de capacitación dixital

O noso centro forma parte da Rede de Capacitación Dixital do Ministerio de Educación e Formación Profesional, sendo financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU, dentro do Plan de Recuperación Tranformación e Resiliencia,

Distribuir contido


FSE

convivencia

Plambe

CUALE

by Dr. Radut