Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

1ª XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA

A primeira reunión foi todo un éxito. Moitos participantes e con moito que aportar. Moitas grazas a tod@s. Vémonos o 2 de decembro de novo!!

PRIMEIRA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA: 28 DE OUTUBRO

O vindeiro 28 de outubro xuntarémonos para comentar o libro SEDA de Alessandro Baricco. Recordade que comeremos na cafetería: encargade os bocatas ou pizzas para as 13.40.

Ás 14.30 comezaremos a reunión na biblioteca ou no salón de actos, dependendo da cantidade de asistentes.

Agardámosvos!! 

Horario de comenzo do Curso 2014-15

Exames de setembro 2014

No arquivo adxunto pódese acceder ás datas dos exames de setembro de 2014 para ESO, Bacharelato e ensinanzas de persoas adultas.

Estudantes de 3º da E.S.O alertan das consecuencias do Cambio Climático

Video gravado por estudantes de 3º da ESO do IES Nº 1 de RIBEIRA (A CORUÑA), GALICIA, ESPAÑA, explicando, con experimentos de laboratorio, as consecuencias do cambio climático e o quecemento global, para concienciarnos a todos.

 

Co noso agradecimiento aos profesores:

Mercés Rodríguez Ruibal e Javier Casatmijana Barrios.

Obradoiro de figuras de area na praia de Coroso

Onte pola mañá tivo lugar o primeiro obradoiro de figuras de area na praia de Coroso. Tivemos os nosos problemas de compactación de areas e falláronnos os pulverizadores. Pero as tres horas que pasamos na praia a pesar da calor foron moi agradables. Non será a última vez que saiamos.

Que vén... Que vén...

Olimpíada Matemática

 "Xa temos as fotos da fotografía matemática (as puntuacións serán expostas o xoves). Agora estamos na fase dous "Pista a pista".A participación é excepcional. Parabéns a tod@s os participantes e moita sorte".

IX BOLSA JUAN LAMPÓN

Relación de alumnos gañadores do noso Centro: Jorge González Mariño, Candela Fernández Falque e Simón Fernández Falque. Noraboa a todos os premiados e a todos os participantes.

 

IV OLIMPÍADA MATEMÁTICA

Esta semana comeza a Olimpíada Matemática.

Distribuir contido


FSE

convivencia

Plambe

CUALE

by Dr. Radut