Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

Visita ao Xulgado

O alumnado de Economía de 1° de Bacharelato visitou este mércores día 10 de xaneiro o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Ribeira, onde tiveron a oportunidade de presenciar actuacións xudiciais.

Esta actividade está pensada para achegar aos estudantes ao funcionamento da Administración de Xustiza, o que resulta de interese de cara á elección de carreira profesional e á formación de futuros estudantes de Dereito, así como de utilidade para todo o alumnado, como un medio para promover a responsabilidade cidadá e valores de prevención e resolución pacífica de conflitos e de respeto polo Estado de Dereito.

Por último, queremos expresar a nosa gratitude pola cálida acollida por parte das autoridades xudiciais e de todo o persoal do Xulgado.



FSE

convivencia

Plambe

CUALE

blog | by Dr. Radut