Skip to Content

Bibliotecas Escolares

PROCEDEMENTO PARA A ACREDITACIÓN DAS COMPETENCIAS DIXITAIS DO ALUMNADO

ATENCIÓN: A información que segue non se aplica ao alumnado que cursa 2º de bacharelato no réxime de adultos. Non existen aínda instrucións para este alumnado. Cando teñamos máis información comunicaráselle dende a xefatura de estudos de nocturno.

 

ACREDITACIÓN DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBLIGATORIA

        1. O alumnado que obteña o título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria recibirá o certificado que acredite o nivel de iniciación.
       2. O alumnado matriculado en 4º de educación secundaria obrigatoria poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio.
       3. O alumnado que titule ou que supere a proba específica recibirá a certificación ComDix de nivel iniciación ou de nivel intermedio, respectivamente. As ditas certificacións serán emitidas de oficio conforme aos procedementos establecidos no Marco galego de competencias dixitais e no Rexistro de certificacións en competencias dixitais, de acordo co que se recolla no documento Bases para o desenvolvemento do Marco galego de competencias dixitais.
       4. A acreditación do alumnado terá unha validez de cinco anos a partir da data da proposta de título da alumna ou o alumno ou da realización da proba específica.

ACREDITACIÓN DO ALUMNADO DE BACHARELATO

       1. A obtención do título de bacharel acredita que a alumna ou o alumno ten os coñecementos,habilidades e actitudes das áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais.
       2. O alumnado matriculado en 2º de bacharelato poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias da área de dominio 4 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais.
       3. No caso de que unha alumna ou un alumno obteña o título de bacharel e ademais supere a proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio, recibirá a certificación ComDix que acredita o nivel intermedio. A dita certificación será emitida de oficio conforme aos procedementos establecidos no Marco galego de competencias dixitais e no Rexistro de certificacións en competencias dixitais, de acordo co que se recolla no documento Bases para o desenvolvemento do Marco galego de competencias dixitais.
       4. O alumnnado que titule sen superar a proba específica e o alumnado que non titule e supere a proba específica poderá solicitar no centro docente un documento que acredite os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio de competencias dixitais de nivel intermedio superadas.

  O documento de acreditación terá unha validez de cinco anos a partir da data da proposta de título da alumna ou o alumno ou da realización da proba específica. 

REQUISITOS DO ALUMNADO PARA PARTICIPAR NAS PROBAS ESPECÍFICAS

 O alumnado que desexe participar nas probas específicas deberá cumprir os seguintes requisitos:
       a) Estar matriculado en 4º de educación secundaria obrigatoria para presentarse á proba específica que acredita as competencias dixitais de nivel intermedio.
       b) Estar matriculado en 2º de bacharelato para presentarse á proba específica que acredita a área de dominio 4 de competencias dixitais de nivel intermedio.

SOLICITUDE E INSCRICIÓN NAS PROBAS ESPECÍFICAS

 O alumnado de 4º de educación secundaria obrigatoria e o alumnado de 2º de bacharelato que desexe realizar a proba específica solicitará a súa inscrición empregando o seguinte modelo que deberá entregarse debidamente cuberto na secretaría do centro antes das 12:30 horas do venres 15 de marzo. 

CONVOCATORIA DAS PROBAS ESPECÍFICAS

       1. As convocatorias de probas específicas, no curso 2023/24, realizaranse consonte ao seguinte calendario:
              a) A proba específica que acredita a área de dominio 4 de nivel intermedio realizarase durante o mes de abril (alumnado matriculado en 2º de bacharelato ).
              b) A proba específica que acredita o nivel intermedio realizarase durante o mes de maio (alumnado matriculado en 4º de ESO).
       2. As probas realizaranse nos centros docentes que impartan a etapa de educación secundaria obrigatoria ou bacharelato con alumnado inscrito o día e no horario que se estableza segundo o número de alumnado interesado e a dispoñibilidade de equipos informáticos do centro.
Informarase do día e da hora coa antelación suficiente.

A convocatoria de cada proba específica será única.

INFORMACIÓN SOBRE AS PROBAS ESPECÍFICAS

       1. A proba específica para acreditar o nivel intermedio axustarase ás cinco áreas de dominio definidas no Marco galego de competencias dixitais (https://competenciasdixitais.xunta.gal/areas.html). A alumna ou o alumno debe responder nun tempo máximo de 90 minutos un total de 60 preguntas de diferente complexidade e tipoloxía referidas a cada unha das cinco áreas de dominio (12 preguntas por cada área).
Para superar a proba específica de nivel intermedio deberase responder correctamente a un 70% do total de preguntas, sendo necesario obter un mínimo do 60% de respostas correctas en cada unha das cinco áreas.
       2. A proba específica para acreditar a área de dominio 4, Seguridade e privacidade, axustarase á definición de dita área no nivel Intermedio no Marco galego de competencias dixitais (https://competenciasdixitais.xunta.gal/areas.html). A alumna ou o alumno debe responder nun tempo máximo de 20 minutos un total de 12 preguntas de diferente complexidade e tipoloxía. A proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio considerarase superada ao responder correctamente ao 60% das preguntas.

Na seguinte ligazón pódese acceder a unha demo da proba de acreditación.

 

ACREDITACIÓN DE PERSOAS QUE OBTIVESEN O TÍTULO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA NOS CURSOS 2021/22 OU 2022/23

As persoas que obtivesen o título de educación secundaria obrigatoria nos cursos académicos 2021/22 e 2022/23 tendo participado no programa E-Dixgal nun mínimo de tres cursos académicos poderá solicitar a acreditación das competencias dixitais no centro no que rematase cuarto de educación secundaria obrigatoria.

Para máis información poden consultarse as seguintes ligazóns.

Competencia dixital do alumnado (información, modelos de proba, ...)

Normativa: Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.

AdxuntoTamaño
Solicitude_Inscrición.pdf160.18 KB


fse+21-27

Plambe

Agueiro

Espazo Abalar

blog | by Dr. Radut