Skip to Content

2012-13

II TROFEO INTERCENTROS "PANOS BRANCOS"

No pavillón de Fontecarmoa tivo lugar o venres 1 de marzo a II edición do Trofeo "Panos Brancos contra a Droga". Esta competición vense celebrando anualmente a iniciativa  da Fundación Galega contra o Narcotráfico e ca coplaboración dos centros de ensino. Nesta ocasión participaron os centros de ensino de Cambados, Vilanova, Boiro e os seis centros de ensino de Vilagarcía. 

O alumnado participou en dúas modalidades: a de Baloncesto para 1º e 2º da ESO e a de Fútbol para 3º e 4º da ESO. O equipo de baloncesto de Vilagarcía formado polo alumnado de varios centros e no que había tamén alumnado do noso instituto gañou o 1º premio nesa modalidade. Parabéns!


 

GALERÍA FOTOGRÁFICA

SEMANA DA ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

Na semana (do 25  de febreiro ao 1 de marzo) desenvolvéronse diferentes actividades  dirixidas á orientación académica e profesional do alumnado que remata a educación secundaria. 

  • Oferta de estudos e especialidades da Universidade de Santiago (26/2/13). Dirixido a alumnado de 2º de Bacharelato e 2º do Ciclo Superior TSAAFD.
  • Reunión informativa para pais e nais as 20h00 (26/2/13). Tratará sobre as opcións académicas ao finalizar os estudos secundarios. 
  • Oferta de estudos na Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galiza.(28/2/13) Dirixida ao alumnado de 2º de Bacharelato de Artes.


  • OS RISCOS DE INTERNET (1º e 2ºESO)

         A semana do 25/2/13 ao 1/3/13 celebráronse unhas charlas co tema "Riscos de Internet" a cargo da Policía Nacional dirixidas ao alumnado de 1ºESO e 2ºESO. O propósito desta actividade é amosarlles aos rapaces os riscos aos que están expostos nas redes sociais ou determinados sitios de Internet. Ademais recibiron instrucción sobre como evitar os problemas legais que derivan do mal uso da rede. Como complemento a esta charla podedes consultar os consellos da páxina "Navega con Rumbo".

     


    POLOS 150 ANOS DE CANTARES GALLEGOS

         Un 17 de maio de hai 150 anos, viu a luz o poemario "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro. Con esta obra, a nosa xenial poetisa marca o inicio do rexurdimento da literatura galega. Como mostra de admiración por esta peza fundamental das nosas letras, os departamentos de Galego e de Música decidiron pedirlle a uns rapaces e rapazas que chegaron de lonxe, uns estranxeiros de noso, que puxeran voz a estes fermosos textos de Rosalía. Podedes ver aquí o resultado. Xulgade vós mesmos!

    CHARLA DO PROGRAMA "MENTALÍZATE"

    O alumnado de 4ºESO asistiu a unha charla moi interesante impartida polos membros da asociación vilagarciana pro-saúde mental "Lar". Esta asociación está levando adiante o programa "Mentalízate" que ten como obxectivos prioritarios a promoción da saúde mental e a prevención deste tipo de enfermidades. Un dos aspectos máis interesantes desta campaña é a presentación de pacientes reais moi lonxe de estereotipos cinematográficos ou de rúa. Ademáis establécese a relación que existe entre o consumo de substancias tóxicas e as enfermidades mentais.

    Para saber máis sobre este magnífico traballo a prol da saúde entre os xóvenes de Vilagarcía clic aquí.

    DIPLOMAS CURSO DE REANIMACIÓN CARDIOPULMONAR

    O alumnado do Ciclo Superior de Actividades Físico-Deportivas (TSAAFD) recibiu os diplomas de asistencia ao curso de Renimación cardiopulmonar nun acto celebrado o martes 19 no Instituto de Carril. Este curso de capacitación é froito dunha colaboración co Hospital do Salnés que se ven facendo dende hai uns anos. Ao acto de entrega asistiron o xerente do Hospital , Bibiano Fernández-Arruti, e o xefe de Urxencias, Manuel Vázquez, acompañados polo persoal sanitario que impartiu as clases.

    Importante:

    Presentación do proximo curso para alumnado da promoción 2011-13=> 3 de abril

    Leer nova no Faro de Vigo

    SUXERENCIAS PARA O NADAL 2012-13

    Ernesto el aprendiz de matemago / José Muñoz Santonja
    Autor/es: Muñoz Santonja, José
    Publicación: Tres Cantos : Nivola, 2003
    Materias: Matemáticas recreativas / Matemáticas


    Cuento de Navidad / Charles Dickens ;

    adaptación, notas y actividades, Pablo Antón Pascual ; ilustraciones, Christian Birmingham

    Autor/es: Birmingham, Christian / Dickens, Charles
    Publicación: Barcelona : Vicens Vives, 2009 
    Materias: Clásicos Juvenil

     

     

     

     

     

     

     

    Los juegos del hambre; En llamas / Suzanne Collins; traducción de Pilar Ramírez Tello ( 2ª Parte de la trilogía)
    Autor/es: Collins, Suzanne
    Publicación: Barcelona : Molino / RBA, [2012]
    Materias: Narrativa en castelán / narrativa juvenil

     


    Cartas de inverno. Novela gráfica

    Antonio Seijas Cruz (Autor/a)
    Agustín Fernández Paz (Autor/a)
    Antonio Seijas Cruz (Ilustrador/a)

    EDICIÓN LITERARIA>ALTERNATIVAS>Novela gráfica


    ARDALEN

    MIGUELANXO PRADO, NORMA EDITORIAL, S.A., 2012
    ISBN 9788467909982

    Editorial: NORMA EDITORIAL, S.A.

    Lengua: ESPAÑOL

    Encuadernación: Tapa dura

    ISBN: 9788467909982

    Año edicón: 2012

    Plaza de edición: BARCELONA

     

    EL CUADERNO PERDIDO: LEONARDO DA VINCI

    JASPRE BARK, MONTENA, 2008
    ISBN 9788484414834

    Editoral: MONTENA

    Lengua: ESPAÑOL

    ISBN: 9788484414834

     

    DO G AO Z DICIONARIO INDIGNADO E HUMORISTICO

    ISBN: 9788499144481
    AUTOR: MANUEL VEIGA
    EDITORIAL: XERAIS


    Apóstolo (El apóstol)http://www.oapostolo.es/

    AÑO: 2012

    DURACIÓN: 72 min.

    DIRECTOR: Fernando Cortizo

    GUIÓN: Fernando Cortizo MÚSICA Xavier Font, Arturo Vaquero

    FOTOGRAFÍA: Matthew Hazelrig

    REPARTO: Animation

    PRODUCTORA: Artefacto producciones

    PREMIOS 2012: Festival de Sitges: Nominada a Mejor película de animación

    GÉNERO: Animación. Fantástico. Intriga. Terror | Stop Motion. Claymation (Plastilina)

     

     

     

     

     

     

     

     

     

     

    MARIA FUMAÇA (CD + DVD)

    VV.AA.     GALAXIA,Vigo, 2012       Libro para ver e cantar.

    O MEU PRIMEIRO CELSO EMILIO 

    de XIANA LASTRA PERNAS (AUTOR/A) e XOSÉ LASTRA MURUAIS (AUTOR/A)
    MARÍA MANUELA DÍAZ ORJALES (ILUSTRADOR/A)

    XERAIS, 2012

    I.S.B.N.: 978-84-9914-403-0

    Este libro reúne unha biografía, unha antoloxía poética e oito poemas musicados e cantados.

    EL PEQUEÑO TEATRO DE REBECCA

    AUTORA: REBECCA DAUTREMER
    EDITORIAL: EDELVIVES -EDITORIAL LUIS VIVES, MADRID, 2012
    ISBN: 978-84-263-8610-6

    Libro troquelado que semella un teatriño fascinante para pesoas de máis de 10 anos.

    ME PREGUNTO... / JOSTEIN GAARDER

    SIRUELA, 2012
    ISBN 9788498415575

    Libro para pensar axeitado para persoas de máis de 8 anos.


     

    MINIMALADAS, de CARLOS LOPEZ

    XERAIS, 2007
    ISBN 9788497826723

    Relatos breves en galego para persoas de máis de 10 anos.


     

    MINIMALARIO, de CHINTO

    KALANDRAKA EDICIONES ANDALUCIA, S.L., 2011
    ISBN 9788492608461

    Relatos breves en castelán para persoas de máis de 10 anos.


     

    97 FORMAS DE DECIR TE QUIERO, de JORDI SIERRA I FABRA

    BRUÑO, 2005
    ISBN 9788421641101

    Para quen en amores anda a calquer idade.


     

     

    STEVE JOBS, DE KAREN BLUMENTHAL

    ALFAGUARA JUVENIL, MADRID, 2012

    ISBN: 9786071118912

    Biografía

    Para quen queira saber como acadou e que acadou o home da mazá que non era Newton

    PREMIOS CADERNOS DE VIAXE

    Veñen de se entregar os premios da 1ª fase dos cadernos de viaxe. O profesorado do equipo da biblioteca, valorando a creatividade dos lectores e a variedade das lecturas,  decidiu otorgar o primeiro premio desta fase inicial a BEATRIZ RODRÍGUEZ FEIJOO (1º ESO-A). Ademais outras catro participantes recibiron un estupendo agasallo. Podedes ver algunhas páxinas na galería de imaxes. 

     

    Pero o premio importante, o"gordo", será o correspondente á última fase, en xuño. Todo o alumnado de 1º ciclo da ESO pode concursar por primeira vez  ou intentalo de novo nesta última fase. Animádevos a participar! 

     Convocatoria premio

    OBRADOIRO DE POESÍA CON AUGUSTO GUEDES


        Este 2º trimestre estase a celebrar na biblioteca un obradoiro de poesía aberto a todos aqueles que queiran participar. Este obradoiro naceu por iniciativa de 
    Augusto Guedes, o noso benquerido ex-director, e el mesmo é o encargado de guiar a un bo grupo de alumnos nun proceso que comeza no disfrute de mostras de textos poéticos de natureza diversa en distintos formatos e remata na produción de textos proprios. O noso agradecemento pola súa xenerosa contribución.

    NOVO PREMIO Á "PULGA VIAXEIRA"

     

    O proxecto eTwinning "Pek, the Traveller Flea #3" ven de gañar o premio europeo e-Twinning 2013 na categoría "Alumnado de 16 a 19 anos". Como xa sabedes participaron alumnos do noso instituto coordinados polo profesor  Ciro. O anuncio dos premios di literalmente:

    "Estos proyectos han demostrado logros de primera clase y estamos deseando entregar los galardones en persona en la Conferencia e-Twinning del 14 de marzo de 2013 en Lisboa durante una ceremonia de entrega especial."


    O ano pasado este mesmo proxecto obtivo o Selo Europeo das Linguas en Portugal.   

    Parabéns!

    Distribuir contido


    by Dr. Radut