Skip to Content

2012-13

"NAVEGA CON RUMBO" PARA 3ºESO

O xoves 30 de maio, o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) en colaboración coa Xunta de Galicia, presentou o Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo ao alumnado de 3ºESO do noso instituto. A charla tiña como obxectivo dar unha serie de pautas para navegar con seguridade pola web: as diferentes maneiras de evitar o ciberacoso ou o contacto con persoas cunha identidade falsa que aproveitan o seu anonimato para cometer delitos ou os riscos de visitar certas páxinas con contidos inapropiados . Toda esa información pretende conseguir que o alumnado se responsabilice do uso que fai  de Internet e  que sexa cauteloso e consciente dos riscos.

Para máis axuda e información, clic aquí.

CAMPIONATO FÚTBOL-SALA FEMININO E MASCULINO

TÁBOA DE CLASIFICACIÓN

 
FEMININO
 
   
 
Campionas 
"As loquitas"
(1º ESO A/C)
Subcampionas
"As Torrente"
(1ºESO A/B)
 
MASCULINO

Campións (L1)
Os comecocos
 (2ºESO-C)

 

Subcampións(L1)
Rápido de Pontequieto
(3ºESO B)

Campións (L2
UFF
(4ª ESO A)

Subcampións(L2)
*****
2º BAC A.

Xa temos gañadores dos Torneos de Fútbol sala do curso 2012-13.

Fútbol-sala feminino

O equipo campión foi “As loquitas” de 1º ESO B, o equipo subcampeón foi “As Torrente”  de 1º A e C e o terceiro clasificado foi “As pouco patosas” de 1ºA.

Esperamos que para o ano que ven vos animedes moitas máis rapazas e podamos facer unha competición con máis equipos. Noraboa as campeonas e vémonos na liga do curso que ven.

Fútbol-sala masculino

Estas son as fotos dos catro equipos que xogaron as finais das dúas ligas de fútbol-sala masculino, unha de 1º, 2º e 3ºESO e outra de 4ºESO e 1º e 2º BACHARELATO. (Clic para ampliar)

A organización do Trofeo quere agradecer de xeito especial a colaboración e a axuda de Aarón Moledo (2ºESO-C) e Darío Domenech  (1º TSAAFD) na arbitraxe dos partidos.

Árbitros

O TSAAFD NO ECOPARQUE MULTIAVENTURA DE MARÍN

O alumnado de 1º do Ciclo superior de animación de actividades físico-deportivas (TSAAFD) viaxou o xoves 24 de maio ao ecoparque multiaventura de Marín.

Nas instalación do ecoparque o alumnado puido facer circuitos, actividades e xogos programados polos seus animadores. As actividades que se poden facer son arbóreas, hípicas, paintball, kayak, rafting, BTT ou Team building. Visitar web do parque.

 

VER GALERÍA DE FOTOS

DIA DA CAPOEIRA EN CARRIL

O martes 21 de maio, o departamento de Educación Física celebrou o día da capoeira no centro. Durante todo o día, mañá e tarde, un grupo de capoeira dirixido polo gran mestre Romeu animou as actividades e fixo exhibicións durante os recreos. 

LETRAS GALEGAS 2013

Como xa saberedes, este ano o persoeiro destacado do Día das Letras Galegas é Roberto Vidal Bolaño. Pois ben, en Carril ten moitísimos clons! Podedes velo nesta galería de fotos.

Eu tamén son Vidal Bolaño

 

Bromas aparte, se vos fixades no cartaz deste ano veredes que a semana das Letras Galegas estivo chea de actividades moi interesantes que van dende a colocación de carteis sobre Roberto Vidal Bolaño ata a celebración de encontros literarios, sesións formativas e ata tivemos unha foliada das letras(Clic aquí para aumentar a imaxe)

Ramón Brea, coordinador do Equipo de Dinamización Lingüística, preparou estas presentacións sobre a vida e a obra do autor homenaxeado este ano:

 

 

Ademais, para conmemorar a festa das Letras Galegas deste ano estivo convidada Natalia Carou, autora de "O alento nas costas". O alumnado de 4ºESO tivo un encontro con ela na nosa Biblioteca.

(Clic aquí para aumentar a imaxe)



GOLF EN MEIS PARA O ALUMNADO DO CICLO (TSAAFD)

O alumnado de ciclo desenvolveu unhas prácticas nas instalacións do campo de golf de Meis o mércores 15 de maio.

AGRANDAR AS IMAXES 

OS MAIOS 2013

Coincidindo cas actividades da semana das Letras Galegas celebramos a festa dos Maios deste ano. No seguinte vídeo podedes ver unha presentación de fotos que preparou Xosé Ramón, o coordinador de Dinamización Lingüística:

Neste outro vídeo vemos unhas fotos da festa:

Finalmente neste vídeo podemos ver a foliada dos maios:

(proximamente)

JORDI ARAGONÉS EN CARRIL

Baixo o título "A preparación física no baloncesto", Jordi Aragonés impartiu unha clase maxistral para os alumnos do primeiro curso do ciclo Animación de Actividades Físicas e Deportivas o mércores 8 de maio. O vilagarciano, preparador da selección española, deu mostras do seu amplio coñecemento.

Se queres ler a nova e ver máis fotos nos xornais:

 
 
(Agrandar as imaxes)

EXCURSIÓN Á ILLA DE ONS

Un grupo formado polo alumnado de 1ºESO e 2ºESO realizou unha visita á illa de Ons na xornada do martes, 30 de abril.

A illa de Ons forma parte, xunto ás Cies, Sálvora e Cortegada, do Parque Nacional das Illas Atlánticas. A illa de Ons é moi interesante polas súas particularidades físicas históricas, etnográficas e gastronómicas.

O grupo disfrutou dunha xornada de paseo e lecer facendo un roteiro pola illa para comprender un pouco mellor as nosas costas.

 

VER A GALERÍA DE FOTOS DA VISITA

ENTREGA PREMIOS E-TWINNING EN ZAGREB (CROACIA)

Do 24 ao 28 de abril de 2013 celebrouse o "e-Twinning Camp" en Zagreb, Croacia. Neste acto a organización fixo entrega dos premios e-Twinnig 2013 que lle foi concedido ao proxecto "Peck, a pulga viaxeira" no que participou o noso instituto.

Asistiron a este evento o profesor Ciro Sánchez Suárez e os xa ex-alumnos Diego Jueguen Castiñeiras, Estela Pérez Torres, Marina Cores Fernández e Yolanda Sampere Gavieiro.

Parabéns de novo por este meritorio traballo a todos os participantes.  GALERÍA  DE FOTOS

No bus

Vídeo 2

Vídeo 3

Distribuir contido


by Dr. Radut