Skip to Content

2013-14

O CICLO SUPERIOR (TSAAFD) PRACTICA PAINTBALL

Estas son as fotos dos dous equipos cos que os alumnos de TSAAFD competiron o pasado día 29 de Maio na actividade de paintball que realizaron en Caldas de Reis. Unha guerra de pinturas moi divertida e que serviu para desestresarse neste final de curso tan intenso.

(Fai clic nas imaxes para agrandalas)

O ALUMNADO DO CICLO FAI ACCROBRANCHE

O alumnado do ciclo formativo de actividades físico-deportivas do noso instituto continúa coas súas actividades fóra do centro neste mes de maio aproveitando o bo tempo. Nesta ocasión fomos ao ECOPARQUE de multiaventuras en Marín onde fixemos actividades nun entorno natural nos distintos circuitos arbóreos en altura descubrindo os potenciáis da nosa Natureza como medios de actividades física e de lecer.

 VER GALERÍA DE FOTOS

EXCURSIÓN DE 4ºESO (CURSO 2013-14)

Este ano fomos a París. Non directamente, claro. De camiño, fixemos varias paradas. , Despois de viaxarmos toda a noite, detinémonos nunha marabillosa área de servizo en Euscadi, no médio dunha paisaxe fermosísima Ali collemos forzas para seguir viaxe. Boa falta nos farían para subir á duna de Pilat, a máis grande de Europa, previa visita a San Xoán de Luz e parada en Burdeos..

Como a noite ía chegando, éranos hora de saír cara a Tours, cidade póla que paseamos antes de cear nunha praza moi animada e onde pernoctamos Ao dia seguinte póla mañá, unha sorpresa nos agardaba: como tiñamos tempo, paramos em Blois . Encantounos o chateau e as vistas  sobre o rio  desde a catedral. Despois, . visitamos Chartres, apampamos na catedral e a primeira hora da tarde saímos cara a Paris. 

Onde estamos Paris ou Nueva  York? A nosa entrada póla Défense fíxonos dubidar. Despois, Torre Eiffel e Paris, la nuit. A partir de aqui os nosos horários  marcáronos  os museos. Estivemos no Louvre e no de Orsay. O resto do tempo pateamos a cidade em todas as direccións co obxectivo de coñecer os barrios mais emblemáticos e facérmonos unha idea  da cidade.

Comezaba a viaxe de volta, pero aínda quedaba a parte mais lúdica: primeiro a Andorra  com Caldea para nos relaxar e as compras para baleirarmos as carteiras. Como xá descansáramos , fomos a Salou para esgotarnos bailando nas discotecas e a Portaventura para gozar pasando medo. Que cousa! 

A viaxe remataba, era cousa de volver a Vilagarcía. Viñamos cansos, pero côa memória chea de lemranzas para a vida.

VER GALERÍA DE FOTOS

PRÁCTICA DE GOLF EN ROIS PARA O TSAAFD

     O día 14 de maio os alumnos do TSAAFD desprazáronse ao campo de golf Val de Rois ( A Coruña), onde o profesional do golf Jacobo González impartiu o longo da mañà  unha clase de iniciación ao golf.  Os nosos alumnos puideron familiarizarse con termos como green, tee, cerros, wedges, putter, driver, approach, búnker, fairway,  rough, chip, swing,....  E disfrutaron da práctica por grupos  do golpeo longo con cerros, de approach no green e pateo noutro green.

     A climatoloxia, as instalacions e  o amplo coñecemento deste profesional do golf fixo que a xornada fose moi formativa e gratificante. Agradecementos  ao clube e sobre todo a Jacobo González o feito de aprender e facernos disfrutar deste deporte.

VER GALERÍA DE FOTOS

VISITA A TALLERES CASTELO E CONSERVAS FRISCOS

Os alumnos do bacharelato de Ciencias Sociais e Humanidades visitaron  dúas empresas: Talleres Castelo en Vilaxoán e Conservas Friscos en Catoira. 
 
            (Para agrandar, fai clic nas imaxes)

En Talleres Castelo vimos os prototipos e as máquinas que deseñan e fabrican, algunhas con patentes internacionais. Unha das máquinas serve para  cocer o marisco separando ela mesma a cuncha da carne, cun cesto que filtra a arenilla da ameixa. Tamén vimos unha máquina que  "afeita" as barbas do mexilón. Todo elo invención da casa. 
A empresa vende a súa maquinaria por todo o mundo e son pioneiros e líderes mundiais na fabricación de máquinas cocedoras de marisco.
Chamóume a atención cando nos falaron da isla Chiloé , en Chile, onde venden parte da súa maquinaria, e que alí, nas bateas do mexilón, conviven dende baleas ata focas.
 
En Conservas Friscos vimos todas as fases do proceso de envasado do atún, dende que éste chega conxelado ata que é envasado, pasando polo cocemento do atún e a limpeza das espiñas e da pele polas traballadoras.
Tamén nos explicaron a integración vertical da compañía no caso do mexilón, xa que ten as súas propias bateas e transportes, o que permite que só pasen 4 horas dende que o mexilón está na batea  ata que chega á fábrica.
A empresa  fai a marca blanca de Eroski e tamén dunha empresa alemana, facturando ó ano arredor duns 50 millóns de euros.
Na visita fumos coas nosas  batiñas e gorros, como debe ser, e por riba estaba unha inspectora de sanidade naquel intre.
As visitas foron enriquecedoras e manifestamos o noso agradecemento á familia Castelo, de Talleres Castelo, e a Luis Rivera, director de Conservas Friscos, polo seu tempo e a xenerosidade de explicarnos tan ben os entresixos das súas compañías.
 
Ana Limeres

BODY-COMBAT E CICLO-SPINNING PARA O TSAAFD

Os alumnos do ciclo continúan coa sua formación  e hoxe tocaba a visita ás instalacións municipais  xestionadas pola empresa SERVIOCIO que nos brindou dúas clases  de body-combat e ciclo spinning impartidas polos ex alumnos do ciclo Chus e Josete, traballadores da empresa.

Tralas sesións, os nosos alumnos, distribuidos en dous grupos, aprenderon o funcionamento do ximnasio, das máquinas de musculacion, das máquinas de cardio e os musculos implicados nos distintos exercicios con Roi e David, que son alumnos en prácticas do noso centro.
O noso agradecemento á empresa Serviocio polas facilidades prestadas.

   

VER GALERÍA DE FOTOS

BALONCESTO: PREPARACIÓN FÍSICA CON JORDI ARAGONÉS

O 6 maio no noso instituto tivemos unha clase teórico-práctica da preparacion física de baloncesto no ciclo formativo impartida polo ex-alumno vilagarcián JORDI ARAGONES, preparador físico da selección femenina  absoluta de España.
Dende o Departamento de EF o noso sinceiro agradecemento por acompañarnos sempre e moita sorte na sua no a etapa no Mundial Turquía 2014...  GRACIÑAS JORDI!

 

VER GALERÍA DE FOTOS

 

INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO DE GALEGO CO IES Nº1 DE ORDES

O luns 28 de abril o alumnado de  3ºESO do IES Nº1 de Ordes e o de Carril fixeron unha xornada de convivencia. O fío condutor desta xornada foi a lingua galega e os rapaces puideron escoitar en vivo e en directo unha variante do galego diferente á súa.

O grupo de Carril saíu da estación de Renfe de Vilagarcía arredor das 8 h. da mañá. Despois das presentacións, o alumando dos dous centros educativos comezou un percorrido polas principais rúas e lugares significativos do centro da vila. A iso das 11h da mañá iniciaron todos xuntos o roteiro do río Mercurín duns 15 quilómetros de longo. Ao rematar o roteiro, foron todos xuntos  ata o instituto onde os alumnos de Ordes amosaron aos de Carril as súas instalacións e remataron o intercambio facendo un visionado das fotos da xornada.

Podedes ver algunhas das imaxes da xornada visitando a galería de fotos.

VER GALERÍA DE FOTOS

PREMIO MINERVA DE POESÍA PARA ANTÓN BLANCO


Temos o pracer  de informarvos de que ao noso alumno de Bacharelato, Antón Blanco Casás, foille outorgado o 1º premio Minerva na modalidade de poesía  ademais da medalla de prata conmemorativa pola súa triloxía A danza dos xacentes

Podedes ler aquí a nova completa na páxina web do Colexio Manuel Peleteiro onde se detallan os gañadores nas distintas modalidades e os premios concedidos.

Parabéns ao noso alumno. Queremos animar ás súas compañeiras e compañeiros a presentar outros traballos porque xa vedes: hai calidade!

Podedes ler a nova tamén nos medios facendo clic nas imaxes:

 

                                                                      

 

Distribuir contido


by Dr. Radut